

Como sabedes este ano o Día das Letras Galegas está adicado á figura de Lois Pereiro. Para achegarnos máis a este escritor a
Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística publica na súa páxina web algúns recursos para traballar a súa obra literaria. Na devandita páxina podedes atopar información bibliográfica, ligazóns e tamén actividades realizadas nos
centros de ensino. Igualmente interesantes son as seccións
videoteca ( Antón Lopo, Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas, Arturo Casas dan a súa visión sobre o poeta) e
fonoteca, nesta última podemos escoitar o propio Lois Pereiro recitando algún dos seus poemas (está o recital que deu no pub Moka da Coruña en 1996).
Comentarios