miércoles, diciembre 21, 2016
TRÍPTICO DE NAVIDAD
Os presentamos nuestro Tríptico de la Biblioteca de Navidad.
Esperamos que os guste.
Muy FELIZ NAVIDAD
lunes, noviembre 28, 2016
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"

miércoles, noviembre 23, 2016
CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO
Érguese o pano.
Benvidas e benvidos ao noso recuncho lector .
Este será un escenario onde non só actuará o noso alumando do Club de Lectura Xuvenil, senón que calquera de vós poderá actuar representando o seu pequeno papel nos comentarios que estaremos encantadas de compartir.
ACTO PRIMEIRO.
Comeza a función coa lectura da novela Reo, de Xesús Fraga.
Adentrámonos no mundo dos graffiteiros, perdón, dos escritores, como moi ben nos indica Reo que é como os debemos chamar.
ACTO SEGUNDO.
E tinxímonos do léxico dese mundo ao mesmo ritmo que os sprais bombardean as paredes de tags, flopeos, potas, pratas, pezas.
E aprendemos quen son os kekos, os treneiros, os chichotes...
Reo é a historia de "un rapaz de barrio. Un ninguén, vamos". Lembrávos isto a un tal Balbino? O Balbino de Neira Vilas tiña un Manolito ao que non había quen lle tusise. O noso Reo ten un Oni que o anda a tolear.
EPÍLOGO
Comentamos os capítulos, a maneira de pensar dos protagonistas, criticamos a obra e puxémoslle outro final. Quen dá máis?
Agora tócavos a vós deixar aquí plasmado o que vos pareceu esta primeira lectura.
(ESCURO)

viernes, noviembre 11, 2016
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSE BECEIRO"

miércoles, noviembre 09, 2016
Gañadora do Concurso Disfraza a gata Cata
Por fin temos gañadora 2016-17 do concurso en que todos os anos debedes disfrazar a mascota da nosa Biblioteca segundo o tema elixido para o curso.
Nesta ocasión o deseño máis votado foi o de Alicia Pérez Mosquera de 1º A. Velaquí o seu debuxo.
Felicidades Alicia!!!
Aquí tedes a Alicia recollendo o premio de mans da súa titora Pilar.
Alicia encantada co seu agasallo: un exemplar de O mago de Oz, un set de acuarelas con pincel e un bloc de debuxo.
jueves, octubre 27, 2016
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"

lunes, octubre 03, 2016
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"

Este curso nos sumamos a las actividades de todo el centro, que tendrán como eje temático general al Teatro, dedicando especial atención a la escritura dramática, de la que disfrutaremos de varios ejemplos. Tras el verano, aguardamos también vuestros comentarios y sugerencias literarias. Reiteramos la invitación y os esperamos el jueves. El escenario está dispuesto, sólo falta el público para que se levante el telón.
martes, junio 07, 2016
CONCURSO DA BIBLIOTECA
CONCURSO DA BIBLIOTECA - SEMANA 12
Na mesa da entrada principal tedes información sobre o escritor ao que se adicou este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Según a súa propia definición é un labrego con alma de poeta.
1-DE QUE ESCRITOR SE TRATA?
2-ESCRIBE O TÍTULO DE DÚAS DAS OBRAS DESTE AUTOR QUE ESTÁN EXPOSTAS SOBRE A MESA DA ENTRADA.
3-ONDE NACEU O ESCRITOR E EN QUE DATA?.
4-O TÍTULO DUN POEMA SEU LEVA O NOME DA SÚA MULLER. CAL É O POEMA?
5-QUE PROFESOR DESTE CENTRO ESCRIBIU UN ARTIGO SOBRE ESTE AUTOR, PUBLICADO NO DIARIO DE FERROL DO 5/5/2016? COMO SE TITULA O ARTIGO?
6-COMPLETADE ESTA ESTROFA COS DOUS VERSOS QUE FALTAN:
Galiza somos nós
a xente e máis a fala
-------------------
-------------------
7-E COMO O EIXE TEMÁTICO DESTE CURSO REFÍRESE AOS ANIMAIS, IMOS ADICAR A ELES A NOSA ÚLTIMA PREGUNTA.
UNHA PARTE DO LIBRO "OS SOÑOS NA GAIOLA" RECOLLE POEMAS ADICADOS A ANIMAIS. ESCRIBE O TÍTULO DE CATRO DESES POEMAS.
RESPOSTAS
1-Mauel María
2-Canta o Cuco, Cando o mar foi polo río.
3-Outeiro de Rei. 1929.
4-Canción para dicirlle a Saleta.
5-Henrique Dacosta
6-Galiza somos nós
a xente e máis a fala
se buscas a Galiza
en ti tes que atopala.
7-Bolboreta, carrizo, pegas, cuco, caracol,..........................
O EQUIPO GAÑADOR DA SEMANA FOI: PENSADORES
AS GAÑADORAS DO CONCURSO FORON : BELMA (Bela, Lucía e María) con 51 puntos.
NORABOA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
GRAZAS A TODOS OS GRUPOS POR PARTICIPAR: PENSADORES , THE DARK, BELMA,CHIPS AHOY, EQUIPO A.
AGARDAMOS QUE SIGADES PARTICIPANDO O CURSO PRÓXIMO.

martes, mayo 24, 2016
CONCURSO DA BIBLIOTECA
CONCURSO DA BIBLIOTECA - SEMANA 11
Desde o Concurso da Boblioteca do IES Catabois queremos contribuír, coa nosa pequena homenaxe, á celebración do 400 aniversario da morte de D. Miguel de Cervantes , autor da obra máis destacada da literatura española e figura recoñecida como un dos grandes da literatura universal.
1-Cal é o título desta importante obra?
2-O libro ten dúas partes: a primeira , publicada en 1605 co título..................................
e a segunda, publicada en 1615, co título....................................................
3-Nesta obra aparecen diversos animais, pero os máis famosos son tres:
-Rocinante é o cabalo de............................
-Rucio é a montura de................................
-Galgo é....................................................
4-Completa a información sobre D. Miguel de Cervantes:
-Naceu en..................................no ano................... e morreu en......................no ano................
5-A este autor coñecémolo tamén por dous sobrenomes:
-Un ten que ver coa realeza porque leva a palabra PRÍNCIPE, aínda que se refire á realeza da Literatura.
Cal é o sobrenome?
-O outro ten que ver cunha desgraza que lle sucedeu nunha famosa batalla contra os turcos. Cal é ese sobrenome?
RESPOSTAS
1-El Ingenioso Hidalgo D. Quijote de la Mancha.
Segunda Parte del Ingenioso Caballero D. Quijote de la Mancha.

2-Rocinante é o cabalo de D. Quijote.
Rucio é a montura de Sancho Panza.
Galgo é o canciño galgo corredor de D. Quijote.
3-Cervantes naceu en Alcalá de Heneres no ano1547 e morreu en Madrid no 1616.
4-Sobrenomes: Príncipe dos Enxeños e Manco de Lepanto.
O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI : PENSADORES
NORABOA!!!!!!!!!

viernes, mayo 20, 2016
MANUEL MARÍA VIVO NO NOSO ALUMNADO
Seguimos e seguiremos celebrando todo o ano as Letras Galegas.
Deixámosvos un poema de Carla Gago de 3º ESO inspirado nos poemas que Manuel María lle dedicou a Galicia.
Galicia miña terra,
miña terra doce e limpa,
miña terra que perde a súa xente e a súa lingua.
Galicia nosa terra,
nosa terra forte e viva,
nosa terra que nos trae orgullo e alegría.
Galicia querida,
Galicia perdida,
Galicia ben vella,
Galicia adorada.
Galicia non esquece os defensores da fala:
Galicia de Rosalía,
Galicia dos Cantares,
Galicia de Manuel María,
e dos emigrantes.
Galicia dos nosos bisavós,
Galicia dos nosos avós,
Galicia dos nosos pais,
que agora nos pertence a nós.
Galicia lembrarémoste
nos bos e malos momentos.
Galicia coidarémoste
pola honra dos nosos ancestros.
Fermoso, non si?
Veleiquí tedes o "Galicia" de Manuel María.

Galiza
Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montanas
e terras para labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballo
cargados de trafegos!
Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!
Galiza somos nós:
a xente e mais a fala
¡Si buscas a Galiza
en ti tes que atopala!
Gozade coa poesía da vosa compañeira Carla.
Agardamos máis poemas.

Etiquetas:
Creación,
EDLG,
Manuel María,
Semana das Letras Galegas
jueves, mayo 19, 2016
EDUARDO HERMIDA E AS MENINAS DE CANIDO NO IES DE CATABOIS
A cidade ten castelo
e muralla medieval,
o museo ¡hai que velo!,
e unha rúa principal.
¡Qué conxunto tan fermoso
con igrexas e xardís
e cun río caudaloso
veireado de xasmís...!
A cidade ten cafeses,
whiski-clubs e polución,
cementerio con cipreses
e un fermoso Malecón.
A cidade ten escolas
e ten cines e teatros.
¡Ten douscentos parvacholas
e trescentos maragatos!
A cidade nunca tivo
nin industria ou desenrolo.
¡Soio un comercio cativo
e o seu consabido tolo...!
A cidade ten paseos,
barrios vellos, arrabais,
chabolismo, rañaceos
e gardas municipais.
A cidade ten castelo
e muralla medieval,
o museo ¡hai que velo!,
e unha rúa principal.
¡Qué conxunto tan fermoso
con igrexas e xardís
e cun río caudaloso
veireado de xasmís...!
A cidade ten paseos,
barrios vellos, arrabais,
chabolismo, rañaceos
e gardas municipais.
Manuel María. Os soños na gaiola, 1968
E diredes vós, que ten que ver Manuel María con Eduardo Hermida e o seu proxecto das Meninas de Canido? Pois hai relación entre os dous artistas, si, fixádevos. O poeta homenaxeado este ano para o Día das Letras cántalle á cidade de Lugo. Se lle cantase á cidade de Ferrol, o seu poema, sen dúbida, remataría con versos parecidos a estes:
A cidade ten paseos,
barrios vellos, ten Canido,
e as Meninas do Eduardo
que o enchen de colorido.
Querédeslle outra rima? "que o fan moi ben coñecido"E tan coñecido, e distinguido e requerido converteu Eduardo o seu barrio que ata na Ucraína saben onde está Ferrol polo proxecto deste pintor, bo e xeneroso, que está a espallar Canido polo mundo enteiro. O venres pasado tivemos o privilexio de escoitarlle contar a Eduardo Hermida o punto de partida desta historia. Contounos tamén como en Madrid queren imitar a xenialidade da periferia, e que en breve o departamental Canido e o cascarilleiro barrio de Monte Alto da Coruña serán irmáns. Actualmente andan a espera de que o roteiro das Meninas de Canido apareza catalogado no Itinerario Cultural Europeo. Hoxe fomos ao pé de paredes e valados polas rúas do barrio vendo parte desas 300 Meninas pintadas, esculpidas, grafiteadas polos centos de artistas que cada primeira fin de semana de setembro acoden á cita para deixar a súa impronta en Canido. Deixámosvos coas imaxes destes dous días.
Cal credes vós que é a Menina preferida do Equipo de Dinamización da Lingua?
E a Menina preferida da Biblioteca?

Pensade na temática deste ano: "Libros e outros animais de compañía".
Atrevédesvos a refacer o poema de Manuel María pero tendo como referencia Ferrol e conservando a estrofa que lle engadimos nós? Entregádenolo a calquera do departamento de Lingua Galega ou da Biblioteca e entraredes dentro dos concursos que temos para celebrar este mes das Letras

Lembrades que significaba o "M" pintado nas paredes?
E se queredes escoitar o poema de Manuel María musicado por Magín Blanco e Uxía Senlle, aquí volo deixamos. Gozade coa arte, coa lectura da obra de Manuel María e coa música.
Etiquetas:
EDLG,
Eduardo Hermida,
Meninas de Canido,
Semana das Letras Galegas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)