Esta semana esquecede o ordenador e os libros e preguntade e pensade. Utilizade a vosa memoria. Calqueira compañeiro ou compañeira vos pode axudar, nos pasillos, no patio, na biblioteca.
O mago é moi noviño, case coma vós. Estuda nun instituto dunha cidade galega, berce do escritor Torrente Ballester, que dicía que nela destacaban as grúas dos estaleiros.
Hai pouco que o mago tivo unha extraordinaria acuación noutro instituto da mesma cidade. Nesta actuación, dirixiuse moitas veces a unha rapaza do público chamándoa polo seu nome en diminutivo.
Entre os seus trucos principais está un no que intervén alguén do público asinando un papel dobrado que contén un número de tres cifras que o público descoñece. O papel coas tres cifras do número que contén o papel dobrado e gardado.
Durante as súas actuacións combina os trucos cunha exposición na que menciona a moitos magos, entre eles algúns que foron protagonistas deste concurso.
PREGUNTAS
1. Como se chama o mago? De que cidade é?
2. En que instituto estuda? En cal actuou recentemente?
3. Cal era o nome da rapaza do público que tanto repite?
4 Que sistema emprega o mago para que tres persoas do público elixan as cifras do número que se oculta no papel dobrado?
5. Lembrades os nomes de dous magos que menciona nas súas actuacións e que foran protagonistas deste concurso algunha semana?