![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjd62Kjar1IKJzTHKJjdE_a78anm7jI-_7kr3Z5-zMH_kYzbQrE0O_e3hDGiwSd3q5ML1M-ANptLPTIY1CZ26Kgn3wnLMw_q56dWZO6HYb2WCs8bilBKCIlLoCMjFxCDeSK5wl0tr0gxkw/s200/leonel.jpeg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg0rWujsxZ0A9QtbPvI-PZ2mOlLQMnVJGMAEUa6iVwdXxLnuf2ERaZBGErEy00Ij28XXNw7Ci-DNNNbhsIp31nUPfJu7NWGSEFMR4XWrR4YiwMwkztGVCEv8zY-QuFAPhauuTJfH3ljDgI/s200/Ant%C3%B3n+Cortizas.jpeg)
Ola a todos!
Dende o noso blog damos a benvida á Semana das Letras Galegas. Queremos informarvos dunha serie de actividades que imos ter para celebrala.
- Xa hoxe, veredes no corredor central unha Exposición de Carteis sobre Ramón Piñeiro, o escritor, pensador e intelectual ao que se lle dedica este ano o día 17 de maio.
- Tamén hoxe, nos acompañará o escritor Antón Cortizas, que xa coñecedes por algúns dos seus libros, e os de Pazos porque foi o que nos acompañou na inauguración da súa biblioteca.
- Na nosa biblioteca temos algúns dos seus moitos libros, adicados fundamentalmente ao público infantil e xuvenil. Unha das súas confesadas afeccións son os xogos populares, aos que dedicou unha monumental enciclopedia: Chirlosmirlos (Xerais, 2001)
- De poesía: Historias e algún percance todas ditas en romance (Galaxia, 1996)
- De novela de misterio: O caso das chaves desaparecidas (Edelvives, 1993)
- De novela da vida real: Onde o Sol non adormece (Xerais, 2003), Leonel (Xerais, 2001)
- De novela fantástica: Memorias dun río, polo que acadou o Premio Barco de Vapor (Galardón que acadou en outras dúas ocasións con O conto dos sete medos, Os gritos das Illas Lobeiras); A merla de trapo co que acadou o Premio Merlín da Editorial Xerais en 2001.
- Esperamos que disfrutedes coa súa charla e que fagades algún comentario no noso blog.
- Xa iremos desvelando máis novidades cada día que inclúen excursións e recitais.
- Feliz Semana das Letras Galegas!
3 comentarios:
Hola soy víctor de 1ºA y me gusto mucho el libro de Antón Cortizas " A MERLA DE TRAPO"
Hola. Soy Daniel de 3ºA. Me pareció muy interesante la charla de Antón Cortizas y espero que vuelva en otra ocasión.
Adiós.
foy moy interesante a charla de anton cortizas
Alex veiga 3b
Publicar un comentario