A súa familia tiña problemas económicos e traballou desde pequeno. Estivo nun circo e foi trapecista antes que mago. Tamén foi moi aficionado á aviación.
Vivindo en Nova York, leu a biografía dun mago que se converteu no seu ídolo e do que tomou o apelido, engadíndolle un "i" final.
Foi un mago coñecido polos seus "escapismos imposibles" para os que necesitaba unha impresionante forza física, pois debía liberarse do interior de caixas fortes arroxadas ao mar, de camisas de forza colgadas boca abaixo de rañaceos, de baúles pechados con candados e cadeas, ...
Puxo moito interese en desenmascarar aos falsos mediums que explotaban a credulidade da xente facéndolles crer que os poñían en contacto cos difuntos. Antes de morrer, creou unha proba definitiva contra o espiritismo, compartindo coa súa muller un código paa comunicarse con ela aso dez ano da súa morte. Ningún médium poido descifrar o código.
Sobre esta teima do mago contra o espiritismo fíxose unha película protagonizada por Catherine Zeta-Jones e Guy Pearce, entre outros.
PREGUNTAS:
1. Como se chamaba o mago do que tomou o apelido?
2. Como se chamaba o mago protagonista desta semana?
3. Cal é o título da película que se fixo sobre el?
4. No ano 1910 foi o primeiro en sobrevolar un país nun biplano. Cal é o país?
5. Nun dos seus escapes, chamado "Caída al vacío", salta desde un coñecido edificio-rañaceos. Cal é o edificio?
6. Un dos seus "escapes" consiste en encerrarse nun baúl dentro dun saco e esposado, colocándose a súa axudante sobre o baúl. O número remata coa axudante encerrada no baúl e o mago sobre el. Como se chama ese número?