miércoles, abril 25, 2018

CONCURSO DA BIBLIOTECA

   CONCURSO DA BIBLIOTECA - SEMANA 9

   A humanidade é diversa, xa o sabemos, pero quizás unha das razóns de tal diversidade sexa o diverso do mundo no que evolucionamos como especie. Diferentes climas, paisaxes, horizontes ou modos de vida, fan de nós diferentes persoas e afectan ao modo no que nos desenvolvemos biolóxica e culturalmente.
  O mundo que nos rodea está conformado por diversos accidentes xeográficos. Vexamos que sabedes do noso mundo.....e a súa diversidade!

1-Cal é a cordilleira máis elevada do planeta? Cal é o nome dos tres picos máis altos desa cordilleira?

2-Pon orde nestes ríos, según a súa lonxitude, e di a que continente pertence cada un.
    DANUBIO,  MURRAY,  AMAZONAS,  EBRO,  GANXES,  MISSISSIPPI,  NILO,  CONGO.











3-Probablemente coñezades algún destes desertos, aínda que sexa o nome e non máis, pero...hoxe, o que tedes que dicir é en que continente están.
-GOBI   -SAHARA   -KALAHARI  -GIBSON

4-Imos ver como relacionades as selvas e xunglas cos países.

SELVA DE IRATI                           ALEMAÑA
XUNGLA AMAZÓNICA              BRASIL
SELVA NEGRA                              XAPÓN
XUNGLA DE SUMATRA             ESPAÑA
SELVA DE IRIOMOTE                  INDONESIA



RESPOSTAS
1-Himalaia . Everest, k2, Kanchenjunga.
2-Amazonas (América), Nilo (África),  Congo (África) ,  
   Mississippi (América) , Danubio (Europa), Ganxes (Asia),
   Murray (Oceanía),  Ebro (España)
3-Gobi.................Asia
   Sahara...............África
   Kalahari............África
   Gibson..............Oceanía
4-Selva de Irati..................España
   Xungla Amazónica.........Brasil
   Selva Negra....................Alemaña
   Xungla de Sumatra.........Indonesia
   Selva de Iriomote...........Xapón


O GRUPO GAÑADOR FOI :  LUX, por segunda semana consecutiva.   MOITOS PARABÉNS!!!!!!!!!!!!!!




 

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                   CONCURSO DA BIBLIOTECA- SEMANA 8

    A diversidade tamén é unha das principais características do reino animal. Hoxe veremos esa diversidade nun animal que, para moitos de vós, é un dos máis apreciados e admirados. Xa que temos próxima a feira do cabalo, aí van as preguntas.



-FIXÁDEVOS NOS NOMES DAS SEGUINTES RAZAS DE CABALOS E CONTESTADE.
  Andaluz, Árabe, Tennessee Walking Horse,  Paint Horse,  Puro Sangue,  Appaloosa,  Morgan,  Quarter House,  Miniatura,  Poni Galés.

1-Cales son de orixe americana?

2-Cales son de orixe europea?

3-Cal se orixinou a partir da cría de cabalos españois polos indios Nez Perce?

4-Cal é orixinario de Medio Oriente?


5-Relaciona as razas equinas co seu país de orixe.
   Frisón                     España
   Puro Sangue           Arxentina
   Andaluz                  Francia
   Azteca                    Inglaterra
   Falabella                 Países Baixos
   Percherón               México

RESPOSTAS

1-Tennesee, Appaloosa, Morgan, Quarter H. , Paint Horse.
2-Andaluz, Puro Sangue, Miniatura, Poni Galés.
3-Appaloosa.
4-Árabe.
5-Frisón...........................P. Baixos
   Puro sangue .................Inglaterra
   Andaluz........................España
   Azteca..........................México
   Falabella......................Arxentina
   Percherón.....................Francia

O GRUPO GAÑADOR FOI :   LUX

PARABÉNS!!!!!!!!!!






 
   

martes, abril 24, 2018

VISITOUNOS NÚÑEZ SINGALA




Singala non deixa de ser un autor recorrente no noso club de lectura. Aínda temos na retina a representación teatral da adaptación do Achado do castro que fixera o club de lectura xuvenil do primeiro ciclo o ano pasado. Moitos de vós seguro que tamén lestes Comedia bífida e de seguro que todo o alumnado de Lingua Galega, nalgunha ocasión, traballou algún texto de carácter sociolingüístico deste autor. 

Este chairego namorado do mar sempre nos sorprende e aí o tedes, rebosando coñecementos náuticos falándonos da súa última obra narrativa: Noite de temporal e descubríndonos que neste recuncho do mundo tivo lugar un acontecemento que non desmerece do acaecido co Titánic no su momento. De feito, ao Santa Isabel coñéceselle como o "Titánic galego" ou o "Titánic de Sálvora". O que ocorre é que nós non lle demos a publicidade merecida.

Adentrounos nos camarotes dos 268 pasaxeiros no sentir dalgúns dos 80 mariñeiros e nas casas das valentes mulleres galegas que se botaron ao mar nas dornas para salvalos.

Para aqueles que non leron esta obra, évos unha boa recomendación cara o verán.
Gozade coa lectura e co noso mar. 








miércoles, abril 18, 2018

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"


Buenos días. Nuestros encuentros del Club de Lectura de Adultos "José Beceiro" prosiguen a lo largo del curso. El mes de febrero estuvo dedicado a la novela Anagnórise, de María Victoria Moreno, a quien está dedicado este año el Día das Letras Galegas. Nos sumamos, pues, al homenaje a esta escritora, cuya narración elegida para nuestra sesión supuso un gran éxito y el principio de la popularidad de su obra. Comenzamos nuestra reunión con un repaso a la trayectoria literaria de la autora que tanto contribuyó a "situar a la literatura infantil y juvenil en un lugar digno, a valorar el uso de la lengua gallega, a hablarla y a escribirla bien, a adentrarse en ella a través de los personajes y disfrutar de la literatura", en palabras de Marilar Aleixandre y Fina Casalderrey.

Presentado por la propia autora como "novela de amor", Anagnórise es un relato que, enmarcado en el subgénero o "intergénero", según algún especialista, de la novela de carretera, recuperado especialmente durante la década de 1990 y años siguientes, supera los temas propios de la literatura juvenil de la época en que fue publicada, lo que supuso una auténtica renovación dentro del ámbito de nuestra lengua. Anagnórise, incluida en la lista de honor de IBBY, es una novela de aprendizaje que retoma el universal tema de la búsqueda de la identidad y el amor, pero que también incluye reflexiones que perduran en la memoria del lector sobre la soledad, la fidelidad y el oficio de escribir. 
Finalizamos con el recuerdo de una mujer comprometida que quería dejar, como destaca Montse Pena en su biografía A voz insurrecta,"un rastro de amor, un buen ejemplo y un libro  que descubra algo a quien lo lea", y que amaba "la belleza del paisaje, la vida, las personas y las palabras". 

miércoles, abril 11, 2018

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                           CONCURSO DA BIBLIOTECA
                        SEMANA 7

  Seguimos esta semana coas autonomías, para traballar un pouco máis o tema. Aquí vai unha nova batería de preguntas relacionadas con elas.

   
1- Sabemos o nome das 17 autonomías e dúas cidades autónomas, pero, a ver se sodes quen de darnos os nomes dos presidentes das seguintes comunidades.

-Melilla: _______________
-Aragón: _______________
-Asturias: ______________
-Galicia: _______________
-Extremadura: ______________
-Cataluña: _________________





2-As manifestacións culturais en cada pobo ou comunidade son moi diversas. Tanto no deporte coma na música, danza, gastronomía, ...hai algunhas propias e exclusivas, que representan a historia e a cultura dos seus pobos.Explicade que é e a que comunidade pertence cada unha das citadas.

-Aizcolaris: 
-Castells: 
-Fallas: 
-Tamborrada: 
-Maios: 
-Traíñas


3- Debedes escribir os nomes das cinco comunidades ( ou cidades autónomas ) con menos poboación.


4-E, para rematar, algo de xeografía. A que comunidade pertence cada un dos espazos ou accidentes xeográficos e naturais.
-Parque de Doñana: 
-Serra de Urbasa: 
-Delta do Ebro: 
-Estaca de Bares: 
-Laguna Negra: 

                         


  RESPOSTAS CORRECTAS
1-
Melilla: J.J. Imbroda
Aragón: Javier Lambón
Asturias: Javier Fernández
Galicia: A. Núñez Feijoo
Extremadura:G. Fernández Vara
Cataluña: O goberno central por aplicación do artigo 155 da Constitución.

2-
Aizcolaris: troncos. País Vasco
Castells: torres humanas. Cataluña
Fallas: queima de figuras. Valencia
Tamborrada: moitos tambores tocando ao mesmo tempo. Calanda (Aragón) e País Vasco.
Maios: Adornos florais coa chegada da primavera. Galicia
Traíñas: embarcacións a remo( regatas). Comunidades do norte de España.




3- Ceuta, Melilla, A Rioxa, cantabria, Navarra.

4-
Parque de Doñana: Andalucía
Serra de Urbasa : Navarra
Delta do Ebro: Cataluña
Estaca de Bares: Galicia
Laguna Negra: Castela-León

GAÑADORES DA SEMANA:   CHIPS AHOY

                            NORABOA