viernes, abril 28, 2023

FEIRA DO LIBRO SOLIDARIA

 



O 27 de abril celebramos a Feira do libro solidaria. Contamos coa colaboración dos colexios adscritos, CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira e CEIP de Pazos, para desenvolver unha xornada chea de actividades. Os fondos obtidos na feira servirán para axudar á Cociña Económica de Ferrol, como xa vén sendo costume.

En primeiro lugar, tivemos unha conversa-recital con Antía Otero, que nos axudou a achegarnos á poesía.




Logo desenvolvemos un Obradoiro de cadros vivintes sobre a temática anual da biblioteca: as emocións. E vaia se se emocionou a rapazada coa actividade! Aquí tedes a mostra:










Por último, tivemos tempo para xogos e merenda e para rematar a xornada visitando a Feira.

Unha xornada estupenda!




miércoles, abril 26, 2023

XORNADA LITERARIA CO IES SATURNINO MONTOJO

 Cando un visita a fermosa cidade herculina, pode despistarse e non caer na conta de que os seus xardíns agochan moita cultura e, especialmente, moita literatura.

Hoxe quixemos achegar ao alumnado a esas figuras que dormen silandeiras nos xardíns de Méndez Núñez a través dunha divertida proba.

A saída era un premio ben merecido para todos os participantes nos clubs de lectura, de Manga e para o voluntariado da Biblioteca Escolar.

Partimos do IES de Catabois e recollemos ao grupo que nos acompañaba do IES Saturnino Montojo. Levabamos tempo preparando (ambos equipos de biblioteca) esta xornada:

- Obradoiro de Cosplay co Club de Manga. Tanto alumnado como profesorado prepararon os seus traxes con antelación para ir ben ataviados ao evento. Alí tamén se nos sumou unha representación do equipo de biblioteca do IES Agra do Orzán, de A Coruña.




- Visita á Coruña con xincana literaria nos xardíns de Méndez Núñez e posterior visita á ExpOtaku.

Os grupos mesturaban alumnado dos dous centros e o equipo gañador puido mercar algún Manga na propia ExpOtaku. 



A colaboración resultou moi exitosa e o alumnado gozou de todas as actividades. Repetiremos, sen dúbida, o curso que vén.














CERTAME POESÍA E IMAXE

O noso instituto xa leva cursos presentándose ao certame de creación artística  Poesía e Imaxe. Xa van polo XXIII edición. E hai dous anos saíu premiada unha  alumna do IES Catabois. Está organizado pola Coordenadora de Normalización  Lingüística de Ferrolterra e o Concello de Ferrol. Consiste na elaboración de  manifestacións artísticas visuais ou audiovisuais que reflictan diversos textos líricos  de literatura universal. Nós participamos na Modalidade A (debuxo, pintura e  colaxe) no nivel da ESO. Na fase de selección de traballos premiados no centro  saíron escollidas dúas obras que están expostas e unha delas foi a que enviamos  ao concurso de intercentros. A ver se hai sorte...

 En colaboración co EDLG o alumnado participou neste certame Poesía e Imaxe, no que, a partir de poemas ofrecidos pola organización (Concello de Ferrol), deben elaborar debuxos ou composicións:





As gañadoras na selección do centro foron Muna Quintía e Libertad Fernández, de 1º ESO A, co seu collage a partir do seguinte poema:





viernes, abril 14, 2023

Club de lectura de poesía: Fernando Pessoa e os seus heterónimos










Imaxinade un señor con chapeau e bigote nas rúas da Lisboa de principios do século XX.

Nada del chama a nosa atención. Chega todos os días a un traballo anodino e gris, deixa o sombreiro e o abrigo, fai o seu traballo de oficina e volve á casa.

Unha vida aburrida, non si?

E se... dentro desa cabeza privilexiada habitasen moitas, moitísimas outras vidas?

Iso foi o que aconteceu con Fernando Pessoa, ó que lle dedicamos un par de sesións no noso club de lectura.

Fernando Pessoa é un dos maiores poetas en lingua portuguesa, e non só pola súa habilidade cos versos: Pessoa inventou centos de personalidades, chamadas "heterónimos", ós que dotou de biografía, afeccións, redes de amizades, personalidade e unha forma de escribir completamente individual e recoñecible. Álvaro de Campos, Ricardo Reis e Alberto Caeiro son os máis famosos, e a eles dedicamos as nosas lecturas.

E, por se fose pouco, a nosa condición de galegos facilitounos moitísimo a lectura no idioma orixinal de Pessoa, o portugués!

Inspirados polo enxeño pessoano, dedicámonos ó deseño e preparación dos nosos propios heterónimos.


Pechamos esta sección do blog co fermosísimo poema "Tabacaria", de Álvaro de Campos (un enxeñeiro novo, curioso, enerxético, amante da velocidade e das grandes urbes), que di así:




Não sou nada.

Nunca serei nada.

Não posso querer ser nada.

À parte isso, tenho em mim todos os sonhos do mundo.






lunes, abril 03, 2023

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"

Buenos días. Esta tarde nos reunimos en la biblioteca a partir de las 18:25 horas para celebrar la sesión del Club de Lectura de Adultos "José Beceiro" correspondiente al mes de abril. En esta ocasión compartimos lectura con el Club de Narrativa de alumnos de 1º y 2º de ESO: la obra escogida ha sido Momo, de Michael Ende. Hasta la tarde. Os esperamos.