viernes, abril 14, 2023

Club de lectura de poesía: Fernando Pessoa e os seus heterónimos










Imaxinade un señor con chapeau e bigote nas rúas da Lisboa de principios do século XX.

Nada del chama a nosa atención. Chega todos os días a un traballo anodino e gris, deixa o sombreiro e o abrigo, fai o seu traballo de oficina e volve á casa.

Unha vida aburrida, non si?

E se... dentro desa cabeza privilexiada habitasen moitas, moitísimas outras vidas?

Iso foi o que aconteceu con Fernando Pessoa, ó que lle dedicamos un par de sesións no noso club de lectura.

Fernando Pessoa é un dos maiores poetas en lingua portuguesa, e non só pola súa habilidade cos versos: Pessoa inventou centos de personalidades, chamadas "heterónimos", ós que dotou de biografía, afeccións, redes de amizades, personalidade e unha forma de escribir completamente individual e recoñecible. Álvaro de Campos, Ricardo Reis e Alberto Caeiro son os máis famosos, e a eles dedicamos as nosas lecturas.

E, por se fose pouco, a nosa condición de galegos facilitounos moitísimo a lectura no idioma orixinal de Pessoa, o portugués!

Inspirados polo enxeño pessoano, dedicámonos ó deseño e preparación dos nosos propios heterónimos.


Pechamos esta sección do blog co fermosísimo poema "Tabacaria", de Álvaro de Campos (un enxeñeiro novo, curioso, enerxético, amante da velocidade e das grandes urbes), que di así:




Não sou nada.

Nunca serei nada.

Não posso querer ser nada.

À parte isso, tenho em mim todos os sonhos do mundo.






No hay comentarios: