miércoles, abril 26, 2023

XORNADA LITERARIA CO IES SATURNINO MONTOJO

 Cando un visita a fermosa cidade herculina, pode despistarse e non caer na conta de que os seus xardíns agochan moita cultura e, especialmente, moita literatura.

Hoxe quixemos achegar ao alumnado a esas figuras que dormen silandeiras nos xardíns de Méndez Núñez a través dunha divertida proba.

A saída era un premio ben merecido para todos os participantes nos clubs de lectura, de Manga e para o voluntariado da Biblioteca Escolar.

Partimos do IES de Catabois e recollemos ao grupo que nos acompañaba do IES Saturnino Montojo. Levabamos tempo preparando (ambos equipos de biblioteca) esta xornada:

- Obradoiro de Cosplay co Club de Manga. Tanto alumnado como profesorado prepararon os seus traxes con antelación para ir ben ataviados ao evento. Alí tamén se nos sumou unha representación do equipo de biblioteca do IES Agra do Orzán, de A Coruña.




- Visita á Coruña con xincana literaria nos xardíns de Méndez Núñez e posterior visita á ExpOtaku.

Os grupos mesturaban alumnado dos dous centros e o equipo gañador puido mercar algún Manga na propia ExpOtaku. 



A colaboración resultou moi exitosa e o alumnado gozou de todas as actividades. Repetiremos, sen dúbida, o curso que vén.














No hay comentarios: