viernes, mayo 26, 2023

CLUB DE LECTURA XUVENIL BAC: FRANKENSTEIN, DE MARY SHELLEY


 "Unha desapacible noite de novembro contemplei a fin dos meus esforzos (...) Era xa a unha da madrugada, a choiva golpeaba as fiestras sombriamente, e a candea estaba case consumida, cando, á mortecina luz da chama, vin como a criatura abría os seus ollos amarelos e apagados. Respirou profundamente e unha convulsión sacudiu o seu corpo..."

Arrepiante, verdade?

Este é un dos fragmentos máis coñecidos de Frankenstein ou o moderno Prometeo, de Mary Shelley, escollido para o club de lectura xuvenil de Bac.



Sabemos que Frankenstein é o científico que, nun ataque de tolemia e obsesión, quixo crear vida coma se fose un deus, xerando un monstro terrorífico que... que... ten sentimentos, a pesar de todo. A novela de Frankenstein é trepidante e constitúe unha fonda análise da condición humana. A súa autora, Mary Shelley, tiña só dezanove anos cando a súa historia foi publicada, cousa que non lle resultou nada fácil.

Así, ler Frankenstein é...

1. Descubrir que Frankenstein é o nome do científico, non do monstro.

2. Darse conta de que en realidade o monstro de Frankenstein tan monstro non é.

3. Empezar a darnos conta de que a gran pregunta, a que de verdade define Frankenstein, é a seguinte: quen é en realidade o monstro nesta historia?


Aproveitamos para recomendar o biopic Mary Shelley, de Hanifa Al-Mansour, un excelente retrato da vida dunha das máis importantes autoras do século XIX. Velaquí o trailer:



jueves, mayo 25, 2023

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"

Buenos días. Os recordamos que el Club de Lectura de adultos "José Beceiro" se reunirá esta tarde a partir de las 16:30 horas en la biblioteca. Dedicaremos la sesión del mes de mayo a Atlas, poemario de Alba Cid galardonado con el Premio Nacional de Poesía Joven "Miguel Hernandez" en 2020. Os esperamos. 

viernes, mayo 19, 2023

CLUB DE LECTURA DE POESÍA: HAIKUS

 Os nosos poetas viaxan a Xapón para atoparse cunha das estrofas máis coñecidas desta cultura: o Haiku.

Para isto, comezamos por comprender que é un haiku e como debemos escribilo. Continuamos lendo exemplos representativos de haikus famosos e, para finalizar, compoñemos os nosos propios haikus.

Soa ben, verdade?




jueves, mayo 18, 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Francisco Fernández del Riego é o homenaxeado este ano, precisamente el que foi quen inspirou a celebración desta data tan sinalada. Destacou pola súa loita incansable a prol da cultura ata converterse nunha figura destacada na defensa do galeguismo e da resistencia contra o franquismo. A súa traxectoria levouno da política á creación literaria e a edición, pois foi, iniciados os anos 50, un dos fundadores da Editorial Galaxia. Entre 1997 e 2001 presidiu a Real Academia Galega.

Desde a biblioteca quixemos sumarnos ás conmemoracións do EDLG e do Departamento de Lingua Galega, cunha pequena mostra das súas obras exposta na biblioteca.



martes, mayo 16, 2023

VISITA A AUSCHWITZ-BIRKENAU

 Dentro do programa Erasmus+ "Upcycling: from bottom to top", no que participaron, entre outros, a coordinadora de biblioteca e algún membro do voluntariado, viaxamos a Polonia do 8 ao 12 de maio.







Alí aproveitamos para mercar na libraría do museo algúns fondos para a biblioteca e dar a coñecer casos reais que axuden ao non esquecemento dun feito histórico tan arrepiante.



Realmente ficamos moi consternados logo desta visita.



lunes, mayo 15, 2023

8-M DÍA DA MULLER: A ombros de xigantas

 


O alumnado dos Programas Formativos Básicos traballou sobre as figuras de mulleres senlleiras para conmemorar o 8-M.