viernes, mayo 31, 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO E ROSALÍA DE CASTRO

Non podemos deixar rematar este mes sen falar de dúas figuras que foron as protagonistas de maio no noso centro: o homenaxeado no Día das Letras, Roberto Vidal Bolaño, e o punto de partida desa celebración, Rosalía de Castro, da que hogano se conmemora o 150 aniversario de Cantares Gallegos.

Roberto Vidal Bolaño foi un home dedicado en exclusividade ao teatro. Integrante do Grupo Abrente. Pai do teatro actual xunto con Manuel Lourenzo e Euloxio Ruibal. Autor dramaturgo comprometido coa súa terra e coa súa lingua quen, partindo sempre da realidade socio-política e cultural que lle tocou vivir (final da posguerra e comezo da democracia), busca construír unha obra de validez e calidade universais.
Roberto e Rosalía están unidos ademais pola obra de Bolaño, Agasallo de sombras, onde xa cuestiona a historia terxiversada que outrora nos contaron dunha Rosalía romantica, chorona e dependente da figura de seu home, Manuel Murguía.
En cuestión de técnicas asimilou todos os elementos teatrais da cultura popular galega e do teatro de vangarda, desde as celebracións de Entroido ata o máis sofisticado xogo do teatro dentro do teatro, chegando á integración na súa obra de todos os medios audiovisuais e técnicos da nosa época.
Por suposto, como en anos anteriores e en colaboración co departamento de Lingua e co EDLG do IES As Mariñas de Betanzos, elaborouse o correspondente boletín informativo da figura homenaxeada.
E de igual xeito que probablemente faría Vidal Bolaño, o EDLG xunto co departamento de Lingua e mais a biblioteca organizaron un acto onde se mesturou o cine (unha curtametraxe centrada no homenaxeado dirixida polo profesor de Lengua José Rodal e protagonizada por varias alumnas e alumnos; e unha curtametraxe baseada nun relato do profesor Henrique Dacosta e protagonizada polo alumnado de Radio); a dramatización (da vida de Rosalía por unhas Rosalías moi particulares); a recitación (de poemas rosalianos); a canción e a música (de poemas galegos). 
Sen dúbida un espectáculo que lle sería de agrado ao dramaturgo.
Gozade coa lectura.

miércoles, mayo 29, 2013

DONDE LOS ÁRBOLES CANTAN

Pouco a pouco imos chegando todos á nosa última lectura do Club Xuvenil para este curso, Donde los árboles cantan. A algunhas costouvos un pouquiño máis que de costume, porque é un chisquiño longa, pero, segundo a imos rematando, xa se ve que non era para tanto, e que ademais desenvolve unha trama que engancha e que apetece seguir lendo.

Para que coñezades algunhas curiosidades sobre cómo Laura Gallego deu forma a esta fermosa obra podedes visitar o seu blog.
E, para rematar, no epílogo atopamos unha fascinante transformación que lembra un dos mitos máis coñecidos, o de Apolo e Dafne, unha historia de amor moi similar, no seu desenlace, á desta novela que estamos a ler.




Este mito foi recreado tamén por Garcilaso de la Vega, un coñecido poeta do século XVI, neste soneto:
   A Dafne ya los brazos le crecían
y en luengos ramos vueltos se mostraban;
en verdes hojas vi que se tornaban
los cabellos que el oro oscurecían;

  de áspera corteza se cubrían                  
los tiernos miembros que aun bullendo estaban;
los blancos pies en tierra se hincaban
y en torcidas raíces se volvían.

  Aquel que fue la causa de tal daño,
a fuerza de llorar, crecer hacía           
este árbol, que con lágrimas regaba.

  ¡Oh miserable estado, oh mal tamaño,
que con llorarla crezca cada día
la causa y la razón por que lloraba!








 
Contádenos o que atopades en común e, por suposto, as vosas impresións unha vez rematada a obra. 

Reunímonos o mércores 5 de xuño para comentar todo isto.

jueves, mayo 16, 2013

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS



En la sesión del Club de Lectura de Adultos del pasado martes, día 7, correspondiente al mes de mayo, nos acercamos a la literatura turca de la mano del primer escritor de esta nacionalidad galardonado con el Premio Nobel:  Orhan Pamuk. El museo de la inocencia es su primera novela publicada después de recibir en 2006 la máxima distinción de la Academia Sueca. El título, cuya publicación suscitó una controversia tanto en su recepción por la crítica como por parte del público, generó opiniones muy diversas en los miembros del Club. La extensión del relato y su constante recreación en los detalles, a modo de tapiz turco, exigen, sin duda, un esfuerzo al lector, pero, en cualquier caso, la obra sirve de invitación para ahondar más profundamente en la producción de Pamuk. Pilar, Pepucha y Nocha insistieron en su escritura magnífica, aunque de corte más clásico que en novelas anteriores del autor. El autoanálisis y la mirada introspectiva de la sociedad burguesa turca durante las décadas de 1970 y 1980, fueron destacadas por María, así como el trasfondo de la ciudad de Estambul, casi siempre presente en su literatura. La sesión culminó con una referencia al museo homónimo, basado en la novela, que Pamuk inauguró en 2012 en el barrio donde transcurren las vivencias de los protagonistas.



miércoles, mayo 15, 2013

CLUB DE LECTURA XUVENIL PRIMEIRO CICLO

 Malia que xa hai algún tempo que rematamos coa lectura do Principiño, aí van algún datos do autor e mais do libro dos que non falamos nas reunións.
 
Antoine de Saint-Exupéry (1.900, Lyon) nace no seo dunha familia da nobreza local. Pasará a súa infancia no castelo dos avós maternos coa nai e os catro irmáns, logo de morrerlle o pai cando tiña 4 anos. Viviu a experiencia do seu primeiro voo á idade de doce anos. Alistouse como piloto militar en l´Armeée de l´Air francesa .
Participou no rescate de varios compañeiros en terras africanas, caendo el mesmo prisioneiro no intento.

En 1.931 escribe o seu libro Vol de nuit (Voo nocturno) e casa coa escritora salvadoreña Consolo Suncin Sandoval de Gómez, que servirá de inspiración para a creación da rosa temperamental na súa obra cume: O Principiño. Será a muller que o acompañará ao longo da súa vida, protagonizando con ela unha tormentosa historia de amor.

Foi correspondente na guerra civil española.

No ano 1.942 empeza a escribir O Principiño en Nova York. Alí recibe a noticia da invasión de Francia polas tropas alemás. Sérvese da súa influencia para que os Estados Unidos participe na guerra europea de liberación. Permanece durante un ano en Alxer. Alí suxírenlle que abandone o exército, xa que conta co maior número de misións e horas de voo que todos os seus compañeiros. A súa resposta foi contundente:
  • "Imposible. Quedarei cos meus compañeiros ata o final".
O 31 de Xullo de 1.944, o seu avión, un Lockheed Lightning P-38 (coñecido tamén como F-5), estrelouse no mar. Unha pitonisa anuncioulle sendo aínda moi novo:
  • “Será aviador e un escritor famoso, pero afástese do mar, e a partir dos corenta anos desconfíe dos avións que vostede pilote”
A súa desaparición constituíu un misterio, ata que en 1.998 un pescador atopou unha pulseira de prata co seu nome. Cinco anos despois apareceron os restos do seu avión, próximos ao lugar no que aparecera a xoia. Antes de partir á que sería a súa última misión, deixou escrito:
  • ”Se me derruban non estrañarei nada. O formigueiro do futuro asústame e odio a súa virtude robótica. Eu nacín para xardineiro. Despídome, Antoine de Saint-Exupéry”.

"Eu  nacín para xardineiro". Que opinades vós? Lémbravos a algo esta afirmación?
 
Para a vindeira semana rematamos Cuando los árboles cantan.
 
Gozade coa lectura.

martes, mayo 14, 2013

EL LEGADO ESCRITO DE JOSÉ BECEIRO

José Beceiro, a quien hemos homenajeado recientemente por su dedicación al Club de Lectura de adultos del IES Catabois, nos ha dejado un legado escrito que pone de manifiesto las situaciones difíciles que tuvo que sortear durante su vida, principalmente cuando fue llevado a prisión.
La familia ha tenido la cortesía de compartir con nosotros este legado, para que podamos conocer un poco mejor las vivencias que él mismo ha relatado en estos dos libros editados: Causa 40/48 y Nunca llegué a Cuelgamuros.

Queremos dejar aquí  unos pequeños fragmentos para hacer llegar a todos su propia voz, que sabe reflejar perfectamente, desde la primera persona, la angustia vivida en momentos adversos de su vida, pero, sobre todo, deja constancia de su afán constante por aprender y de su calidad humana, pues son numerosos los ejemplos en que muestra su solidaridad con los demás, incluso a pesar de poner en peligro su propia persona.





 
"No puedo precisar en que momento empecé a tener sed, pero esa sensación era cada vez mayor. Creo que este deseo de beber me hizo caer en un estado de semi-inconsciencia, pues recuerdo que cuando yo intentaba saciar mi sed, desaparecía de mi vista. En ese momento volvía a darme cuenta de mi situación. En ese estado, a ratos inconsciente y a ratos relativamente consciente, permanecí un tiempo que no puede precisar, siempre con la visión del agua que caía de la cascada. No sentía los efectos del hambre, solamente sed."

 
 
"Por el día, cuando las condiciones atmosféricas lo permitían, pasábamos la mayor parte de las horas en el Patio y cuando no, permanecíamos en la celda; cada uno se sentaba en su petate y nos entreteníamos con lo que teníamos a mano. Yo casi siempre tenía algún libro que sacaba de la Biblioteca de la Cárcel y me servía de entretenimiento al tiempo que siempre ampliaba mis conocimientos; de esa forma leí todos los libros de la escritora ferrolana Concepción Arenal, varios de Rosalía de Castro y otros que figuraban en el listín de existencias en la Biblioteca."

DÍA INTERNACIONAL DE LA ÓPERA

 
 
 
 
El pasado domingo, 12 de abril se celebró la VII edición del Día Internacional de la Ópera. En un año tan importante para el arte lírico como el que vivimos, en que conmemoraremos los bicentenarios del nacimiento de dos de las personalidades más importantes de la Historia de la Música, especialmente vinculadas con el universo operístico, como son Richard Wagner y Giuseppe Verdi, nos congratulamos cuantos amamos este repertorio. Muchas Felicidades a todos los que hacen posible cada representación y a los que viven la experiencia de la ópera cada temporada.   
 
 
 

viernes, mayo 10, 2013

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                                              CONCURSO DA BIBLIOTECA

  Seguimos poñéndonos ao día.

    "ESTAMOS NO ANO 50 ANTES DE XESUCRISTO. TODA A GALIA ESTÁ OCUPADA POLOS ROMANOS. TODA? ¡NON! UNHA ALDEA POBOADA POR IRREDUCIBLES GALOS RESISTE AGORA E SEMPRE AO INVASOR....."

    Seguro que algún de vós, ao ler esta introdución, recoñecedes enseguida a que pertence. Trátase du cómic coñecidísimo para moitas xeracións de lectores. E non só é divertido e cheo de aventuras, senón que, con coidado, pois permítese moitas lecenzas, poderemos aprender algo de historia, tradicións, xeografía, etec.
   Para os que aínda non o coñecedes, este é o momento...non o deixedes de ler....

PREGUNTAS

1-Cal é o título do cómic do que falamos?
2-O heroe principal está sempre acompañado dun grande- en todos os sentidos, amigo, e dun máis pequeno...que ladra. Cales son os seus nomes?
3-Dí os nomes dos autores(guionista e debuxante)
4Ao longo da serie de cómics publicados, aparecen algúns personaxes históricos reales: políticos, cantantes, etc.......A ver se citades, polo menos, dous deles.
5Cal é o importantísimo xeneral romano que sae habitualmente como personaxe do cómic?
6-Os galos protagonistas do cómic viven nunha aldea rodeada de campamentos romanos. Cales son?


RESPOSTAS

1-Astérix o Galo.
2-Obelix e Idefix
3-Albert Uderzo e René Goscinny.
4-Sean Connery, Kirk Douglas
5-Xulio César
6-Babearum,Acuarium,Laudanum,Petibonum.

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                                     
  CONCURSO DA BIBLIOTECA

  Achegamos novos contidos do concurso, pois queremos poñernos ao día . Conquerirémolo?


    Esta miniatura do século XIII mostra o asasinato de Becket, arcebispo inglés que se enfronta co seu rei por intentar conquerir a independencia da igrexa inglesa do poder civil.

CAL ERA O NOME DE PILA DE BECKET?
DE QUE CIDADE FOI ARCEBISPO?
COMO SE CHAMABA O REI DO QUE FOI AMIGO E INIMIGO?
ONDE TIVO LUGAR O ASASINATO DE BECKET?
QUEN O ASASINOU?
QUEN DI A FRASE:"NON HABERÁ NINGUÉN CAPAZ DE LIBRARME DESTE CURA TURBULENTO?"
POR QUE DÚAS CONFESIÓNS RELIXIOSAS É VENERADO BECKET COMO MÁRTIR?
EN QUE CATRO IGREXAS ESPAÑOLAS HAI REFERENCIAS A BECKET?

RESPOSTAS

1-Tomás
2- Canterbury
3-Henrique II
4-No adro da catedral de Canterbury
5-Reginald Fitzurse, Hugo de Morville, William Tracy e Richard Brito.
6-O rei Henrique II
7- Católica e Anglicana.
8-San Nicolás de Soria, Salamanca, Tarrasa (Barcelona, Vegas de Matute (Segovia)
 

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                                           CONCURSO DA BIBLIOTECA

  Aínda que con retraso, seguimos introducindo os contidos do noso concurso semanal.

  Aí vai o de hoxe.
 
  Unha das formas máis exitosas do libro ilustrado é o cómic. E pode que non haxa serie de aventuras máis famosa no cómic que "As aventuras de Tintín". Se o acompañades ao longo de todas elas, viaxaredes por infinidade de países e culturas , e farédelo dunha forma divertida. Tintín foi unha introdución á lectura para moitas xeracións, e segue a selo. Aproveitade para coñecer un cómic de calidade, aprender e........divertirvos!

PREGUNTAS

1-Como se chama o autor e creador do personaxe de Tintín?Buscade o nome real e o apodo co que firmaba.

2-Nombrade outros tres personaxes importantes nas súas aventuras.

3-Cal é o traballo de Tintín?

4-Os escenarios das súas aventuras son, a maior parte das veces, reais, pero tamén hai algún inventado. Nomeade un destes últimos.

5-Que número de albumes (libros) calcúlase que ten vendido Tintín no mundo? A cantos idiomas foi traducido?

6-Cal é o título do primeiro album publicado? En que ano se publicou?


RESPOSTAS

1-Georges Remi (Hergé)
2-Castafiore, Haddock, Hernández e Fernández,......
3-Reporteiro.
4-Syldavia, San Theodoros, Borduria, Khemed, Nuevo Rico.
5-200 millóns de albumes e foi traducido a 60 idiomas.
6-Tintín en el país de los soviets. 1929-1930.

  A CLASIFICACIÓN É A SEGUINTE:
1-San Fernando    2-NMC    3-Los Leones  4-Los Rancios



lunes, mayo 06, 2013

Concurso Día do Libro

A Semana de Libro está marcada en vermello no I.E.S. de Catabois; a volta das vacacións do Nadal é o comezo da conta atrás para a que é a nosa celebración máis importante non ano escolar. Moitos foron os participantes, pero só 12 os premios que se entregaron o pasado venres 26 de abril para rematar os actos na Semana do Libro.
Unha das modalidades que máis éxito tivo este ano foi a das presentacións En qué libro che gustaría vivir.  Os compañeiros amosaron o que gozan lendo e compartindo con nós as súas lecturas favoritas. A continuación, ofrecémosvos os traballos que resultaron premiados. Os nosos parabéns aos gañadores.

Aida Garrote e Irene Regueira acadaron o accésit coa súa proposta do Mago de Oz:


O terceiro premio foi o traballo realizado por Santiago Rodríguez López:


Charlie santiago from Catabois
Aquí tedes o segundo premio, por Sasha Meg Moreira Paulino:


E, como colofón, o primeirísmo premio, felicidades a Raquel Iglesias Botana:


viernes, mayo 03, 2013

II FEIRA DO LIBRO SOLIDARIA. COMPARTINDO TROPA DE TRAPO.

Datos solidarios: 100 euros dos vosos petos son os que o IES de Catabois lle fixo chegar á Cociña Económica de Ferrol. 

Coas vosas pequenas compras de libros que alimentan o coñecemento contribuístes a que familias ferrolás poidan ter unha alimentación digna.

Parabéns para toda esa rapazada do CEIP Almirante Juan de Lángara e do CEIP de Pazos que quixo compartir connosco esta xornada e que ademais de participar na feira do libro, compartiron co noso alumnado unha sesión da Tropa de Trapo

Xenerosos tamén, Brais e Marta achegáronnos os contos do seu espectáculo A hora azul

Mais non eran só historias que eles recolleran, fusionábanas con música que proviñan de instrumentos tan exóticos como o laúde ou tan próximos como a guitarra portuguesa. E as notas musicais da voz de Marta aclopáronse perfectamente ás emitidas polas cordas que tensaba o Brais. E a súa partitura rebordou o noso corazón.

Escoitamos a Leila, a Sabela; relatos árabes, africanos, galegos. Descubrimos que non só a voz e os movementos son esenciais para sermos bos contadores, senón que a mirada é transcendental á hora de transmitir. Lembrade que dicía Brais ao comezo que o esencial para que haxa contadores é a existencia de quen sabe escoitar. E non esquezades como rematou Marta: díxonos que non só se pode viaxar a través dos contos, senón tamén a través dos libros. 

E como sabemos que o que vos gusta a vós son as imaxes, aí vai o venres en fotos. 



Esperamos que para o ano escoitedes outra vez a chamada solidaria desta feira.

Gozade coa lectura. 
 

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS


El Club de Lectura de Adultos celebrará su próximo encuentro el martes día 7. En esta ocasión, el Premio Nobel Orhan Pamuk nos presenta una nueva visión de Estambul en su última novela, una historia de amor agridulce titulada El museo de la inocencia.
Esperamos vuestras opiniones y sugerencias.
Hasta el martes. Felices lecturas.

jueves, mayo 02, 2013

VISITAMOS ALLARIZ E XANTAMOS CON GONZALO MOURE

O pasado 12 de abril foi un día especial para o noso club de lectura: fomos visitar Allariz. E que foi o que nos levou alí? Pois unha vez máis o gusto pola lectura e, concretamente, o desexo de atoparnos outra vez co noso querido escritor Gonzalo Moure.
 Nesta fermosa contorna tiñan organizado un encontro co mencionado autor e  nós fomos convidados polo IES de Allariz, a quen agradecemos enormemente a invitación. E non fomos sós, desde Ferrol viaxou tamén connosco alumnado do CEIP de Pazos.
A presentación correu a cargo de dúas alumnas do noso centro, Alba e Sasha, ambas estupendas sobre o escenario da casa de cultura, amosando a súa benquerencia por Gonzalo, da que é bo merecedor -xa o comprobastes todos e todas-  tanto polo seu labor literario como polo humano.
A charla serviunos tamén para coñecer esta cidade singular: os seus antigos monumentos, como a Igrexa de Santiago; as súas rúas empedradas; e, por suposto, o río Arnoia, fresco,  bulideiro, rodeado dun verde extraordinario.

 Tamén paseamos polo club de hípica, onde gozamos cos cabalos (unha das profes ata comprobou o estado do firme) e coa conversa próxima e doce de Gonzalo e visitamos os museos do coiro e  do xoguete, onde nos falaron da existencia dun home lobo.


Foi un día estupendo. Agora estamos agardando que nos devolvan a visita os alumnos de Allariz e que o pasen tan ben como o pasamos nós.