ROBERTO VIDAL BOLAÑO E ROSALÍA DE CASTRO
Non podemos deixar rematar este mes sen falar de dúas figuras que foron as protagonistas de maio no noso centro: o homenaxeado no Día das Letras, Roberto Vidal Bolaño, e o punto de partida desa celebración, Rosalía de Castro, da que hogano se conmemora o 150 aniversario de Cantares Gallegos.
Roberto e Rosalía están unidos ademais pola obra de Bolaño, Agasallo de sombras, onde
xa cuestiona a historia terxiversada que outrora nos contaron dunha Rosalía romantica, chorona e dependente da figura de seu home, Manuel Murguía.
En cuestión de técnicas asimilou todos os elementos teatrais da cultura popular galega e do teatro de vangarda, desde as celebracións de Entroido ata o máis sofisticado xogo do teatro dentro do teatro, chegando á integración na súa obra de todos os medios audiovisuais e técnicos da nosa época.
Por suposto, como en anos anteriores e en colaboración co departamento de Lingua e co EDLG do IES As Mariñas de Betanzos, elaborouse o correspondente boletín informativo da figura homenaxeada.
Roberto Vidal Bolaño foi un home
dedicado en exclusividade ao teatro. Integrante do Grupo Abrente. Pai do teatro actual xunto con Manuel Lourenzo e Euloxio Ruibal. Autor dramaturgo comprometido coa súa terra e coa súa lingua quen, partindo sempre da realidade socio-política e
cultural que lle tocou vivir (final da posguerra e comezo da democracia), busca construír unha obra de validez e calidade
universais.

En cuestión de técnicas asimilou todos os elementos teatrais da cultura popular galega e do teatro de vangarda, desde as celebracións de Entroido ata o máis sofisticado xogo do teatro dentro do teatro, chegando á integración na súa obra de todos os medios audiovisuais e técnicos da nosa época.
Por suposto, como en anos anteriores e en colaboración co departamento de Lingua e co EDLG do IES As Mariñas de Betanzos, elaborouse o correspondente boletín informativo da figura homenaxeada.
E de igual xeito que probablemente faría Vidal Bolaño, o EDLG xunto co departamento de Lingua e mais a biblioteca organizaron un acto onde se mesturou o cine (unha curtametraxe centrada no homenaxeado dirixida polo profesor de Lengua José Rodal e protagonizada por varias alumnas e alumnos; e unha curtametraxe baseada nun relato do profesor Henrique Dacosta e protagonizada polo alumnado de Radio); a dramatización (da vida de Rosalía por unhas Rosalías moi particulares); a recitación (de poemas rosalianos); a canción e a música (de poemas galegos).
Sen dúbida un espectáculo que lle sería de agrado ao dramaturgo.
Gozade coa lectura.
Sen dúbida un espectáculo que lle sería de agrado ao dramaturgo.
Gozade coa lectura.
Comentarios