miércoles, septiembre 23, 2015

Benvidos ao novo curso 2015-16

Dende a Biblioteca de Catabois queremos dar a benvida a este novo curso aos nosos alumnos, moi especialmente aos recén chegados de 1º ESO, e desexámosvos a todos que este ano se convirta nunha aventura emocionante.

Aproveitamos a ocasión para presentarvos o que será o tema da Biblioteca deste ano: Os Libros e outros animais de compañía, e para animarvos a participar no concurso "Disfraza a Mascota" que convocamos todos os anos en outubro e consiste en cartacterizar a nosa gata Cata segundo o tema da Biblioteca.
Velaquí o cartel coa convocatoria. Sorte a todos e premio para o gañador!