viernes, marzo 15, 2024

CLUB DE LECTURA DE POESÍA: POESÍA E CANCIÓN

A estas alturas do curso, sabemos que a poesía non só está nos libros. As cancións que sabemos de memoria e que escoitamos mil veces desde ben pequenos son unha mostra continua de poesía e transformación da linguaxe. Deste xeito, de agora a final de curso dedicarémonos a analizar as vosas cancións favoritas desde unha perspectiva poética. Unha caixiña de música servirá para recibir as vosas suxestións de cancións. As sesións de lectura acompañaranse con música, como non podía ser doutro xeito!
O altavoz

A caixiña de música



lunes, marzo 11, 2024

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"

Buenos días. Esta tarde nos reunimos los miembros del Club de Lectura de Adultos "José Beceiro" en una nueva sesión que se desarrollará, como de costumbre, a partir de las 16:00 horas en la biblioteca. Escogimos para este mes el poemario de Antonio Machado Campos de Castilla, continuando con la selección de títulos dedicados al tema de este curso, "Literatura y Paisaje". 

viernes, marzo 01, 2024

Club de lectura de poesía: poesía sobre a natureza

Desde xaneiro, o club de poesía traballou cunha escolma de poesía sobre natureza que foi aumentando de sesión en sesión. Os poemas están extraídos de diferentes libros da nosa biblioteca e inspirados polas suxestións de profes e alumnado. A esta antoloxía, que abarca desde poemas en galego e español ata poemas escritos en distintas linguas estranxeiras coma o polaco, o xaponés, o inglés ou o rumano, hai que engadirlle os traballos poéticos e as reflexións que fomos desenvolvendo ó longo das sesións: que elemento da natureza é máis importante para ti? E se... foses unha árbore? Como podemos saber que sinten os animais? Os animais son bos e malos? Cantas casualidades tiveron que darse para que houbese vida na Terra? Cal é a nosa responsabilidade como humanos con respecto á natureza?

Grazas a todos polos vosos traballos. Viva a poesía e viva a natureza!