Desde xaneiro, o club de poesía traballou cunha escolma de poesía sobre natureza que foi aumentando de sesión en sesión. Os poemas están extraídos de diferentes libros da nosa biblioteca e inspirados polas suxestións de profes e alumnado. A esta antoloxía, que abarca desde poemas en galego e español ata poemas escritos en distintas linguas estranxeiras coma o polaco, o xaponés, o inglés ou o rumano, hai que engadirlle os traballos poéticos e as reflexións que fomos desenvolvendo ó longo das sesións: que elemento da natureza é máis importante para ti? E se... foses unha árbore? Como podemos saber que sinten os animais? Os animais son bos e malos? Cantas casualidades tiveron que darse para que houbese vida na Terra? Cal é a nosa responsabilidade como humanos con respecto á natureza?
Grazas a todos polos vosos traballos. Viva a poesía e viva a natureza!
No hay comentarios:
Publicar un comentario