martes, octubre 29, 2019

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"

Buenos días. Queremos informaros del cambio en la fecha de la próxima sesión del Club de Lectura de Adultos "José Beceiro". Como el 4 de noviembre no hay clase, se pospone la reunión para el siguiente lunes, día 11. La hora de comienzo será a las cinco de la tarde. La sesión, que tendrá lugar como siempre, en la biblioteca, se dedicará a la novela O curioso incidente do can á media noite, de Mark Haddon. Os esperamos.

lunes, octubre 14, 2019

CLUB DE NARRATIVA 2º CICLO: JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA

A temática da ciencia chega tamén aos nosos clubes da man de Ledicia Costas e dun personaxe sacado doutro tempo: o escritor Jules Verne.


jules verne e a vida secreta das mulleres planta-ledicia costas-9788491210702

En Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta veremos como o afamado escritor chega a Vigo, pero non para vir ver as luces de Nadal, non. O seu desexo é contactar cunhas persoas moi singulares; trala súa pista leva xa moito tempo. Conseguirá dar co seu obxectivo? Quen lle axudará na súa procura?

Unha obra que homenaxea as novelas de aventuras e que desborda imaxinación en cada páxina.

Cal é a vosa opinión sobre este libro?

lunes, octubre 07, 2019

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"

Buenos días. En el mes de octubre reanudamos las actividades del Club de Lectura de Adultos "José Beceiro". La primera sesión del curso se celebrará mañana martes a las 16:30 horas en la biblioteca. Este horario es provisional, pues en el encuentro determinaremos cuál es el más conveniente para todos los integrantes. En este año que conmemoramos el bicentenario del nacimiento de la escritora británica George Eliot, dedicamos esta primera lectura a una de sus novelas más emblemáticas, Middlemarch. Deseamos que la hayáis disfrutado. Os esperamos mañana.

jueves, octubre 03, 2019

CLUB DE POESÍA: POÑEMOS AS MÁQUINAS A PUNTO

Botamos a andar o club de poesía coa primeira lectura: Makinaria, de Carlos Negro.



Proposta novidosa dun autor que nos achega á obsesión da adolescencia por vivir todo á máxima velocidade e nos amosa as consecuencias, non sempre positivas, desta viaxe desenfreada.


Carlos Negro é un autor enormemente recoñecido. Por poñer un exemplo, vén de recibir no 2018 o recoñecemento do Premio dos Clubs de lectura de centros de ensino de Galicia.

Tamén lle foi outorgado o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018 polo libro Aplicación instantánea:




Nas súas propias palabras: "A poesía dá aire para respirar e é un refuxio contra o ruído".

Podedes comezar a engadir aquí as impresións que vos vaian suscitando os seus poemas.

Arrincamos os motores!!!



miércoles, octubre 02, 2019

CLUBS DE LECTURA: COMEZA UN CURSO CHEO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA

Hoxe estreamos curso nos clubs da biblioteca facendo a presentación dos clubs de Manga e Anime, poesía e narrativa (primeiro e segundo ciclo).

Énchenos de ledicia ver un número tan elevado de participantes. Agardamos que todos e todas poidamos gozar coas distintas actividades que se desenvolvan. A meirande parte irán dedicadas este ano a temáticas relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía. 

Como propostas iniciais xurdiron as seguintes:

  • Club de poesía: Makinaria, de Carlos Negro
  • Club de narrativa 1º ciclo: Os megatoxos e o aprendiz de druída, de Anxo Fariña
  • Club de narrativa 2º ciclo: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas
  • Club de manga e anime: Dr. Stone, de Riichiro Inagaki ilustrado por Boichi. 
Agardamos por máis suxestións dos participantes e, xa sabedes, a partir da vindeira semana todos a navegar por océanos de fantasía!!!