Os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá organizaron unha visita a Padrón o día 20 de setembro para coñecer a casa de Camilo José Cela, o xardín botánico e a casa de Rosalía de Castro.
Comezamos coa casa de Camilo José Cela, mediante unha visita guiada que nos permitiu coñecer en profundidade a vida e obra do autor. Incluso deunos tempo a facer un trivial final nun espazo privilexiado da casa!
A mediodía, comemos no precioso xardín botánico de Padrón, e gozamos tamén dunha visita guiada na que nos explicaron as diferentes especies vexetais que habitan este espazo.
E pola tarde, na casa museo de Rosalía de Castro, recibiunos a propia Rosalía, acompañada polo pintor Modesto Brocos, autor dun dos máis importantes retratos da escritora.
Foi unha visita estupenda. Moitísimas grazas ao grupo de teatro
Os quinquilláns por facela posible!!