jueves, diciembre 22, 2022

XINCANA DE NADAL: ENIGMAS EMOCIONADOS E EMOCIONANTES

 Volvemos celebrar con moito éxito a tradicional xincana de Nadal, na que colabora todo o centro.

Desde o equipo de biblioteca, a nosa achega consistiu nunha proba de descifrado de enigmas encriptados co código Cenit Polar.

Os enigmas a descifrar, por suposto, eran citas relacionadas coa nosa temática anual: as emocións.

Aquí vedes o entusiasmo co que desenvolveron a proba:








Así de fermoso quedou o panel final, con todos os enigmas descifrados. Non hai código que se lle resista ao noso alumnado!!!




lunes, diciembre 12, 2022

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"

 
Buenas tardes. Retomamos la sección del Club de Lectura de Adultos "José Beceiro" para recordaros que su próxima sesión  se celebrará mañana a la hora acostumbrada en la biblioteca. Dedicaremos en esta ocasión nuestro encuentro mensual a la escritora francesa Fred Vargas. De su famosa serie protagonizada por el comisario Adamsberg analizaremos El hombre de los círculos azules, novela publicada en 1991, con la que da comienzo a esta exitosa saga. Os esperamos.

viernes, diciembre 02, 2022

CLUB DE NARRATIVA XUVENIL ESO: O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE

                                   


"Os números primos son coma a vida. Son moi lóxicos, pero non hai maneira de averiguar como funcionan, nin sequera se pasases todo o tempo pensando neles".

Christopher ten quince anos. É excelente en matemáticas, gústalle o espazo, os animais e a cor vermella. Non se lle da ben tratar con outras persoas. Vai a clases a un colexio especial e ten dificultades en aspectos do día a día que a outras persoas lle resultan moi sinxelos.

Un día, atopa o can da veciña morto. Non parece un accidente, así que, como bo lector de Sherlock Holmes, decide empezar a pescudar...

O curioso incidente do can a medianoite é unha novela de Mark Haddon que trata unha historia de misterio, pero tamén unha historia de crecemento e superación dun adolescente que se enfronta, como todos os demais, á vida, pero desde unha ollada única e diferente.

Gozamos moitísimo da lectura e nas charlas posteriores houbo intervencións moi interesantes. Reflexionamos moito sobre Christopher e os personaxes que o acompañan na súa aventura.

Velaquí unha foto. Como vedes, as obras que deixaron a biblio patas arriba non nos pararon: ó contrario, mover e remover os libros ten moito encanto!