Aproveitamos tamén esta data para lembrar como Rosalía dedicou fermosos poemas á paisaxe:
sábado, febrero 24, 2024
viernes, febrero 16, 2024
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"

lunes, febrero 05, 2024
Club de lectura de Bacharelato: o lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas
As profes xa coñeciamos o inolvidable lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas: a historia dun médico, un pintor, unha muller de boa familia e un garda de prisións na Guerra Civil española. Era agora o turno do alumnado. Achegarse á lectura colectiva desta magnífica novela supuxo entrar nun xogo de voces narrativas curioso e diferente, un pouco difícil de comprender ó comezo pero que pouco a pouco fomos desentrañando. Pagou a pena. Unha historia sobre o noso pasado que, ademais, foi adaptada ó cinema por Antón Reixa no ano 2002.
Grazas ó alumnado do Club de Bacharelato polo voso esforzo e por sempre acabar atopando un oquiño para reunírmonos e continuar compartindo lecturas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)