viernes, diciembre 18, 2015

TRÍPTICO DE NAVIDAD

Nuestro Tríptico de Navidad.



MUY FELIZ NAVIDAD

lunes, diciembre 14, 2015

POESÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, o pasado 25 de novembro abordamos o tema da poesía visual. Todas e todos analizamos o que reflectían esas imaxes, que saben calcar á perfección un problema tan presente na nosa sociedade e que causa tanta dor. 
A nosa rapazada amosou o seu rexeitamento e a necesidade de loitar contra todos os estereotipos que asoballan a muller. María, por exemplo, ensinounos  cun poema a ver o lado positivo: a forza daquelas que loitan por saír dese asoballamento:

He cumplido el sueño
que una mujer puede tener.
El de ser feliz, el de
abrirte y saber quién eres.

He venido aquí para 
lograrlo, luché contra viento
y marea, caí pero luego
me levanté. Lo cumplí.

No fue fácil, fue intenso
y duro, pero, por fin,
encontré lo que buscaba: la felicidad.

Fui valiente. Me atreví,
puse las manos en el fuego
y salí victoriosa.

María Roca (3º A)

Transformando o pesimismo do poema "El Remordimiento" de Jorge Luis Borges, María parece proferir aqueles versos en inglés antigo que inspiraron o epitafio da tumba do propio Borges "...and ne forthedon ná":

que sostuvieran bien sus escudos / con sus puños firmes y que no temieran"

Pero neste caso os heroicos gerreros saxóns, aos que se dirixe o verso, han de ser

AS MULLERES


CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO



Marilar Aleixandre

Que andarán argallando este curso as rapazas e rapaces do club de primeiro e segundo, porque andan moi caladiños? Ui, algo se escoita ao lonxe. Que será? Unha multitude enfurecida? O vento a bruar? Non, non, agardade, xa se oe con máis claridade:

"MUUUUU!!"

Si, iso é, pero de onde vén ese bramido? Coidado, é dunha VACA CANÍBAL!!
Ai, Brensa, que susto nos deches! Teste que portar ben ou xa sabes onde te vai mandar o Pasmón!


E vós? Non o sabedes? 

Pois os membros do Club sabémolo moi ben. E tamén aprendemos moitas cousas sobre as vacas: para comer herba si que che teñen estómagos!!!

 Xa rematamos a nosa primeira lectura deste curso e podémosvos contar moitas cousas. Preguntade, preguntade.