Esta pasada semana celebramos o Día do Libro. Ainhoa e Irene (4º E.S.O. A) levaron a todas as clases un maratón de lectura e poesía e todos os alumnos de 4º participaron como vendedores nos postos de libros de ocasión que compoñen a que xa é a III Feira do Libro Solidaria do I.E.S. Catabois, cuxa recadación se destina, como é xa tradición, a favor da Cociña Económica de Ferrol.
Os membros dos clubs de lectura xuvenil presentáronse ao resto de compañeiros animándoos a participaren tamén.
Entregamos 12 premios, correspondentes aos 1º, 2 º e 3º postos das catro categorías convocadas: crea o teu poema, tunea un poema, poema en power point e marcadores con poema.Velaquí os gañadores con cadanseu diploma.
FELICIDADES A TODOS!