viernes, octubre 28, 2022

AMPLIACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 Xa deron comezo as obras de ampliación. Logo da retirada dun tabique intermedio, gañaremos espazo, luz e comodidade na nosa biblioteca. Queda moito traballo por diante e, durante un tempo, teremos que paralizar algunha actividade, pero coa axuda de todos conseguiremos un lugar agradable para todas as tarefas que queiramos desenvolver.















EXPOSICIÓN "AS EMOCIÓNS E A ARTE"

 A nosa compañeira do equipo de biblioteca Emilia Saavedra Seijo, en colaboración co alumnado de 1º e 2º, deu forma á exposición anual, neste caso sobre a temática das emocións.





















A exposición tivo tanto éxito que decidimos colocala de xeito permanente decorando o Salón de Actos.



viernes, octubre 21, 2022

COMO VESTIMOS ESTE ANO A GATA CATA?


 


Estas foron as imaxes premiadas. Falamos de emocións e o equipo de biblioteca está moi satisfeito de ver que vos decantastes por aquelas máis positivas: o amor, a ledicia, o poder da imaxinación... Á vista está o trunfo das cores alegres!!

martes, octubre 18, 2022

ROTEIRO POR CAMBRE

 Hoxe saímos de roteiro co alumnado de 2º ESO. Visitamos os restos arqueolóxicos e a igrexa de Cambre para logo rematar cunha visita á casa-museo de Wenceslao Fernández Flórez. 

Resultou moi agradable esta visita na que coñecemos aspectos curiosos da súa vida e da súa obra.



martes, octubre 04, 2022

COMEZAMOS NOVO CURSO

 Un curso máis, aínda que con algo de retraso, comezamos as actividades da Biblioteca. O retraso débese ás obras de mellora que se están facendo no IES de Catabois e que tamén afectan á biblioteca. Agora temos un espazo máis amplo e máis luminoso.

Queda aínda moito por facer pero o equipo de biblioteca está cargado de ilusión e tamén hai moito alumnado colaborador e moi boa participación nos clubs de lectura. Así que nos agarda un ano moi intenso.

Animádevos e vide facer equipo!

Este ano, tal como reza o lema exposto no corredor principal, a temática serán as emocións, así que le e emociónate!!