martes, mayo 31, 2011

CONCURSO DA BIBLIOTECA

  Chegamos á última semana do Concurso e queremos lembrar a algúns dos protagonistas das pasadas semanas.
  Traballaremos de novo a memoria e a atención.....e vexamos se aprendestes algo estas semanas. Hoxe a proba ten trampa: ben, de feito, todo son trampas, porque de todas as afirmacións que atopades abaixo, só dúas son verdadeiras, e todas foron parte de xogos anteriores.
  Polo tanto, aquel equipo que antes recoñeza as dúas únicas afirmacións verdadeiras e entregue antes, será o gañador.
  Pero coidado! Xa digo que hai trampas, e algunha parecerá verdadeira, será case verdadeira,...pero non. Atopade a verdade!

1- Unha obra de Agatha Christie, "As Ratas" permaneceu máis de 25 anos sendo representada sen pausa no teatro.
2.- Sherlock Holmes era virtuoso dun instrumento musical, concretamente o violonchelo.
3.- Luísa Alexandra Wilberforce é a directora da película "The ladykillers".
4.- James Bond, o axente 007, aparece por primeira vez na novela Casino Royale, en 1953.
5.- William Wilkie Collins é o autor da novela A pedra lunar, na que aparece un gran rubí procedente dunha deidade hindú. 
6.- El nombre de la rosa, de Umberto Eco, gañou os prestixiosos premios "Strega" e "Premio Medicis Extranjero" nos anos 1981 e 1982.
7.- A personaxe de Jessica Fletcher, a nosa profe de inglés que resolve crimes, estaba inspirada noutra personaxe de Agatha Christie, Miss Marple.
8.- Alicia Giménez Bartlett, gañadora do último premio Nadal coa obra Donde nadie te encuentre, naceu en Almanzor, provincia de Albacete.
9.- El Halcón Maltés é unha novela levada ao cine e interpretada por Dashiell Hammet no papel do detective Sam Spade.
10.- Patricia Highsmith escribiu unicamente dúas novelas co pseudónimo de Claire Morgan.  

Como os nosos espelidos concursantes xa acertaron as únicas verdadeiras eran a sexta e a sétima afirmacións.

E realizado o reconto final, as puntuacións dos equipos quedan así:
Los Punkies: 29 puntos
El equipo A: 23 puntos
FINAS: 28 puntos
DNAS: 54 puntos
LAJ: 31 puntos

As gañadoras son pois as compoñentes do equipo DNAS. FELICIDADES!!!!


GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR

Esperamos vervos  o ano que vén e animade aos vosos compañeiros para que aumente a participación.

No hay comentarios: