jueves, abril 29, 2010

CONCURSO DA BIBLIOTECA.

As respostas das preguntas da semana pasada son:
1. O título é 2012.
2. O científico A. Helmsley viaxa á India. O seu amigo chámase Satnam.
3. O parque é Yellowstone.
4. Ven que o lago Yellowstone está totalmente seco.
5. A reunión chámase G8.
6. A organización é IHC (Institute for Human Continuity).
7. As naves están construidas na cima do Himalaia. Pagan 1000 millóns de euros por asento.
8. A Gioconda é trasladada desde o museo do Louvre.
9. Tikal (Guatemala). Cultura maia. O calendario maia predicía que a Terra quedaría desfeita en 2012.
10. África.

As puntuacións foron as seguintes:
1. LAS DANCE...................................... 5 puntos.
2. LOS LOL........................................... 4 puntos.
3. VIDACRISER.....................................3 puntos.
4. VLAJ...................................................2 puntos.

CLASIFICACIÓNS:
1. VLAJ....................................................43 puntos.
2. LAS DANCE...........................................33 puntos.
3. Empate entre LOS LOL e BLASFEMUDOS..28 puntos.
5. FLY......................................................17 puntos.
6. VIDACRISER...........................................8 puntos.
7. DOBLE JC................................................3 puntos.
8. AIRIS......................................................1 punto.


Agora tocan as preguntas desta semana:

Acudimos a un autor clásico da ciencia ficción, ainda que un pouco olvidado últimamente, é autor dalgúns dos máis nomeados títulos do xénero, aunque os seus temas adoitan ser máis filosóficos que técnicos ou científicos en realidade.

Hoxe, ademais, falaremos dunha novela. No ano 1966 fíxose unha adaptación para o cine, pero non creo que os lembredes, (ja, ja)... Esta novela transcorre nun tempo futuro por determinar, e narra as circunstancias e loita persoal dun bombeiro, pero os bombeiros nese tempo e lugar son algo diferentes aos que coñecemos nós.... queiman libros!!!!!!!!!!!!

PREGUNTAS

1. Cal é o título da novela?

2. Nome do autor.

3. Que programa de televisión foi líder de audiencia durante anos chamándose como a máis famosa das obras deste autor?

4. Por que queiman os libros os bombeiros da novela?

5. Que significado ten o título da novela? Por que se chama así?

6. Decide o nome do bombeiro protagonista.

7. O cineasta estadounidense Michael Moore filmou un documental con título inspirado nesta obra. Cal foi este documental e de que trataba?

8.  Para que os libros non se perdan para sempre, os resistentes idean un modo de gardarlos... e con ese sistema cada persoa ten un título de libro como nome. (Vaia pista!) Como gardan o coñecemento dos libros?

.... hoxe a cousa vai difícil, jajaja....sorte e a traballar!!!

No hay comentarios: