O noso club de Manga como exemplo dunha Biblioteca activa
martes, junio 20, 2017
O NOSO CLUB MANGA COMO EXEMPLO DUNHA BIBLIOTECA ACTIVA
O noso club de Manga como exemplo dunha Biblioteca activa
Son moitas as actividades que se veñen organizando
desde hai anos na Biblioteca Escolar grazas ao bo labor do equipo de
biblioteca, ás colaboracións do profesorado e, indubidablemente, á
participación do alumnado.
O recoñecemento a este traballo ten chegado xa por
moitas vías e este ano tocoulle ao club de Manga e Anime. O 17 de xuño os
alumnos e alumnas do club de manga foron convidados como relatores á X Xornada
dos Clubs de Lectura para explicar o seu modo de funcionamento e organización.
Este Club de manga e anime formouse a partir dunha
escisión do orixinal club de lectura xuvenil e leva funcionando de xeito
continuado desde o curso 2010-2011. É, polo tanto, unha boa mostra de que o
alumnado sabe como xestionar autonomamente as súas iniciativas.
André Rey, alma
mater do club que nos abandona este curso para ir ao Bacharelato, capitaneou a
expedición a Santiago e, xunto co seu equipo, deixaron a súa pegada non só nas
Xornadas dos Clubs de Lectura senón xa para sempre no IES de Catabois, que o
lembrará como fundador e impulsor do Manga e Anime no centro. Así que vaia desde aquí o noso agradecemento
por ternos contaxiado parte da súa paixón. Moita sorte no futuro (幸運)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario