jueves, junio 15, 2017

O Club Manga de Catabois nas X Xornadas dos Clubs de Lectura

O Club Manga e Anime do noso instituto non deixa de xerar novas. Este sábado 17 de xuño viaxaremos a Santiago onde tres membros do Club, Sergio Dopico, Daniel do Rego e Laura Álvarez, explicarán xunto  co seu presidente André Rey, o nacemento e funcionamento do Club. Tamén realizarán unha breve exposición sobre os xéneros manga existentes, as sagas, o concepto "anime" e moitas outras curiosidades.
A prensa fíxose eco desta actividade nos seguintes enlaces que aquí vos deixamos á Voz de Galicia e ao Diario de Ferrol. Para máis imformación, a páxina da Xunta de Galicia ofrece un resumo moi completo da súa historia e funcionamento.
Sorte, rapaces, o vindeiro sábado! E gozade da experiencia!!!

No hay comentarios: