jueves, junio 15, 2017

Carla Gago Premio Poesía e Imaxe

Temos o pracer de publicar neste blog que a nosa alumna de 4º ESO Carla Gago Castro resultou premiada no Concurso "Poesía e Imaxe, en galego sen filtro". A noticia é para nós motivo de satisfacción pero non de sorpresa xa que Carla, gran lectora e asidua da biblioteca, nos fai partícipes moitas veces das súas obras. Cultiva sobre todo a técnica do collage con diferentes temáticas e sempre incluíndo textos que poden ser poesías, citas ou palabras de alto valor simbólico.
Velaquí o seu deseño gañador.
Parabéns, Carla!!

Neste enlace podedes consultar máis información sobre este concurso.

No hay comentarios: