viernes, octubre 10, 2025

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

 


O noso voluntariado de biblioteca quixo hoxe facer este pequeno mural con dous propósitos:
- visibilizar a importancia da saúde mental e
- facérmonos eco dunha nova relacionada cun libro: O corpo de Cristo de Bea Lema (Premio Nacional de Cómic 2024), que aborda esta temática e que xusto onte se coñeceu que vai tomar forma de curtametraxe. 
Aproveitamos para dar os parabéns á autora pola fermosura e delicadeza desta obra
e polos éxitos acadados con ela.


Xa tedes exemplares na biblioteca á vosa disposición!








No hay comentarios: