DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO DE 2025

 


O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. O lema escollido este ano pola Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura é "Contra a desinformación: bibliotecas".

Destácase deste xeito a importancia das bibliotecas na loita contra a desinformación grazas tanto aos seus fondos como ao labor do persoal que as atende, sempre disposto a asesorar, aconsellar e dinamizar actividades.

Polo tanto, animámosvos neste día (e de aquí en diante) a formar parte do equipo de biblioteca e contribuír á dinamización da lectura e á proposta de novas actuacións.

Para a xornada temos previstas varias actividades:

- Preparación do xogo Noticias ocultas (dous recreos do venres 24 en biblioteca)

- Visionado do relatorio do xornalista César Rodríguez.

- Traballo da noticia a través do programa Prensa-escola.




Comentarios

Entradas populares