CONCURSO DA BIBLIOTECA - SEMANA 2
O primeiro que se me veu á cabeza ao falar de Literatura e Medio Ambiente foi unha triloxía DIVERTIDÍSIMA dun escritor e naturalista inglés, Gerald Durrell.
O escritor relata nestas tres novelas os seus anos de neno nunha illa grega, aprendendo con instrutores particulares, sen acudir á escola, e enumerando as moitas e hilarantes anécdotas da súa familia e visitas.
Xa os títulos destas novelas nos dan unha idea do que pode vir no interior. Pero cando comezas a ler non podes parar de rir. Se che gusta a lectura, os animais ou ambas, Gerald Durrell é para ti.
Imos ver se atopades as respostas e... se vos aficcionades ás lecturas do señor Durrell.
1-CALES SON OS TÍTULOS DA "TRILOXÍA DE CORFÚ?
2-GERALD DURRELL É IRMÁN DUN FAMOSO ESCRITOR. DI O SEU NOME E COMPLETA O TÍTULO.
3-EN QUE ILLA DO CANLE DA MANCHA ABRIU UN ZOO?
4-EN QUE PAÍS NACEU O NOSO PROTAGONISTA?
5-EN QUE MAR DO MEDITERRÁNEO ESTÁ A ILLA DE CORFÚ?
RESPOSTAS CORRECTAS
1- Mi familia y otrros animales, Bichos y demás parientes, El jardín de los dioses.
2-Lawrence Durrell. El cuarteto de Alejandría.
3-Jersey.
4-India.
5-Mar Xónico.
PUNTUACIÓNS
1-Las Gucci 2 ----------5 puntos
2-Las Gucci ------------4 puntos
3-As Segundas----------3 puntos
4-Equipo A--------------2 puntos
5-Chiquilinas------------0 puntos
6-Chiquilinas 2----------0 puntos
PARABÉNS
No hay comentarios:
Publicar un comentario