CONCURSO 2020-2021
Comezamos o Concurso da Biblioteca con algún cambio con respecto aos pasados cursos.
Debido á situación de pandemia que estamos a vivir, o pasado curso a nosa actividade quedou suspendida desde o mes de marzo e este curso comezamos máis tarde do habitual por problemas de saúde dos docentes que nos encargamos do seu desenvolvemento.
A novidade é que os grupos de alumnos e alumnas estarán integrados só por dúas persoas do mesmo curso,coa finalidade de manter a distancia de seguridade e evitar, na medida do posible, a interacción entre o alumnado que non comparte aula.
Os grupos son os seguintes:
1-LAS GUCCI: Elia Somaza e Aitana Aguiar .
2-LAS GUCCI 2 : Sofía Sanjurjo e Nerea Lago.
3-LAS CHIQUILINAS : Nuria Charlín e Keira Yanett.
4-EQUIPO A : Lois Gago e Iago Grueiro.
5-AS SEGUNDAS : Gaia Somaza e Marta Montero.
6-CHIQUILINAS 2 : Alba Pérez e Romina Calvo.
PRIMEIRA SEMANA DO CONCURSO
Como o tema elixido pola Biblioteca para este curso é "Literatura e Medio Ambiente" comezaremos cun personaxe español do século XX, que foi moi famoso pola súa defensa da natureza e polos seus documentais. Falamos de FÉLIX RODRIGUEZ DE LA FUENTE.
1- Elixe a opción adecuada para completar o nome da serie de televisión que fixo máis famoso a este personaxe:
EL HOMBRE Y ................. LA TIERRA OU LA NATURALEZA
2- Completa:
No 1966 encárgase da clase de zooloxía nun programa de televisión escolar no que era presentado como :
FÉLIX, EL.......................................................................
3- Entre os catro tipos de animais seguintes, marca con cal deles conviviu para estudalo mellor:
LEÓNS, BÚFALOS, FOCAS, LOBOS.
4- Era un gran afeccionado á CETRERÍA. Que significa esta palabra?
...................................................................................................
5- Onde e como morreu?
....................................................................................................
6- Cantos anos tería agora?
...................................................
Respostas correctas
1- El Hombre y la Tierra.
2-Félix, el amigo de los animales.
3-Lobos
4-Caza de animais salvaxes cunha ave de rapiña.
5-Morreu nun accidente de avioneta cando rodaba unha serie en Alaska.
6-Tería 93 anos.
Puntuacións por grupos
1-Las Gucci 2 6 puntos
2-Las Gucci 5 puntos
3-Las Chiquilinas 4 puntos
4-Equipo A 3 puntos
5-As Segundas 2 puntos
6-Chiquilinas 2 0 puntos
PARABÉNS
No hay comentarios:
Publicar un comentario