miércoles, enero 30, 2019

CONCURSO DA BIBLIOTECA

CONCURSO DA BIBLIOTECA - SEMANA 4

         Voltamos aos músicos escritores: hoxe, o noso protagonista é un dos meus favoritos, un músico canadiense que, ademáis, tivo unha relación moi especial con España, coa súa música, cultura e literatura. Ten dito que todas as súas cancións de guitarra levan os acordes que un músico español lle ensinou cando de mozo empezaba a practicar con ela...

1.- Unha das máis famosas cancións deste músico e escritor é "I´m your man". Con isto, e os datos de arriba, debería chegar para dicirnos o nome e cidade na que naceu o noso personaxe.


2.- Entre as cousas que máis amaba de España está a súa fascinación por un poeta. Tanta fascinación, que unha filla súa leva como nome o apelido deste poeta. Xa sabedes o que queremos...quen é ese poeta?

3.- A súa relación de cariño con España foi recompensada merecidamente...que importante premio recibíu o noso músico poeta en España?  (Sabede que o importe do premio, 50.000 €, o entregóu para impulsar unha cátedra na Universidade de Oviedo).



4.- Os seus pais tiñan ascendencia europea. De que país proviñan as familias do seu pai e da súa nai?



RESPOSTAS:

1.- Leonard Cohen, Montreal.
2.- Federico García Lorca.
3.- Premio Príncipe de Asturias de las Artes.
4.- Lituania - Polonia.


O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI, DE NOVO...LAHL!
PARABÉNS!!


No hay comentarios: