martes, marzo 20, 2018
CLUB DE POESÍA CHEGA A PRIMAVERA CON SABINA
Damos a benvida ao mes das flores con esta canción de Joaquín Sabina, para o toque moderno, pero non queremos esquecer un clásico da nosa terra da autoría de Curros:
O MAIO
Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...
Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario