Todas e todos colaborando pola mesma causa, amosar o noso apoio ás reivindicacións dos colectivos feministas que loitan pola igualdade da situación laboral da muller.
E, coma sempre, o alumnado participou intensa, xenerosa e activamente. Trouxeron os mandilóns das súas nais, tías, avoas, que, no canto de luciren as marcas do uso diario, lucían mensaxes de solidariedade co seu traballo diario invisible e impagable.
E paramos.
E alá fomos de manifestación coa nosa pancarta onde rapaces e rapazas quixeron deixar o seu sinal particular de basta xa! contra esta inxustiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario