jueves, mayo 04, 2017

Celebración do DÍA DO LIBRO no IES de CATABOIS

O pasado venres 28 de abril, o IES de Catabois celebrou o seu día grande en conmemoración do Libro; e foi verdaderamente grande xa que acudiron ao noso centro os 118 nenos do 3º ciclo de Primaria dos nosos tres centros adscritos (CEIP de Pazos, CEIP San Xoán de Filgueira e CEIP Juan de Lángara). Os nosos alumnos da ESO viviron con eles unha xornada intensa e chea de actividades.

Este ano o tema central da Biblioteca é o Teatro. No IES constituíronse dous grupos de teatro que representaron cadansúa obra: na primeira imaxe vedes ao grupo de teatro de Cultura Clásica representando a obra da súa creación "Eco e Narciso".


Nestoutra imaxe vedes o grupo de teatro do Club de Lectura Xuvenil representando a obra de Manuel Núñez Singala "O achado do castro"

Ao final da xornada, algúns dos actores e actrices fixeron a entrega de premios do concurso do Día do Libro no que resultaron premiados:
- Alba Becerra, de 3º A: na modalidade de fotografía.
- Sabela Fernández, de 1º B: na modalidade de fotografía.
- Alicia Pérez, de 1º A: na modalidade de marcadores.
- Sergio Dopico, de 4º A: na modalidade "Sorprendo ao Xurado".
- Laura Álvarez, de 1º A: na modalidade de relato.
- André Rey, de 4º A: na modalidade de presentación.
- Alejandro Bocija, de 1º B: na modalidade de poesía.
- Laura Becerra, de 1º A: na modalidade de fotografía.

Parabéns para todos!!!!  

E deica o Día do Libro do curso que vén!!!!!!!!!!!!!!

No hay comentarios: