miércoles, febrero 01, 2017

O CLUB LECTURA XUVENIL NA BUSCA DO RAIO DE ZEUS




Logo de adentrarnos no mundo do graffity tras a lectura de Reo, cambiamos completamente de escenario con El ladrón del Rayo de Rick Riordan
Rematamos a obra de Xesús Fraga poñéndolle un final diferente e lendo as creacións propias que pouco e pouco van aparecendo. Aquí tedes a Alicia logo de sorprendernos con todo o que hai dentro dun simple? lapis. 



Sen dúbida, temos que dicir que ao noso club lle está a encantar este novo libro, e non só pola historia, senón porque algúns dos integrantes están a descubrir o universo da mitoloxía clásica tanto a partir da lectura desta obra como do que lles contaban os outros membros que xa coñecían as aventuras dos deuses, semideuses e heroes da mitoloxía grega. 


Unha das actividades paralelas foi que investigasen pola súa conta un personaxe e o persoeiro do Olimpo que representaba. Houbo incluso quen ousou en inventar un novo habitante celestial. 



No hay comentarios: