jueves, abril 30, 2015

CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO

Unha vez asasinado o profesor de Matemáticas, recuncamos na temática da Biblioteca, a gastronomía, xa que estamos á espera de visitarmos o IES Fraga do Eume, onde se forxan os futuros profesionais do mundo da restauración. 

Como sobremesa para este mes estamos a ler Palabras de auga conxuntamente co club de lectura de Pontedeume. Os do club de poesía e mais os de Manga tamén se animaron con este autor e elixiron: As palabras poden matar e O carteiro de Bagdag.




como guinda, teremos un encontro co seu autor, Marcos Calveiro.








Gozade coa lectura.

No hay comentarios: