CLUB DE LECTURA XUVENIL PRIMEIRO CICLO
Malia que xa hai algún tempo que rematamos coa lectura do Principiño, aí van algún datos do autor e mais do libro dos que non falamos nas reunións.

Antoine de Saint-Exupéry (1.900, Lyon) nace no seo dunha familia da nobreza local. Pasará a súa infancia no castelo dos avós maternos coa nai e os catro irmáns, logo de morrerlle o pai cando tiña 4 anos. Viviu a experiencia do seu primeiro voo á idade de doce anos. Alistouse como piloto militar en l´Armeée de l´Air francesa .
Participou no rescate de varios compañeiros en terras africanas, caendo el mesmo prisioneiro no intento.
En 1.931 escribe o seu libro Vol de nuit (Voo nocturno) e casa coa escritora salvadoreña Consolo Suncin Sandoval de Gómez, que servirá de inspiración para a creación da rosa temperamental na súa obra cume: O Principiño. Será a muller que o acompañará ao longo da súa vida, protagonizando con ela unha tormentosa historia de amor.
No ano 1.942 empeza a escribir O Principiño en Nova York. Alí recibe a noticia da invasión de Francia polas tropas alemás. Sérvese da súa influencia para que os Estados Unidos participe na guerra europea de liberación. Permanece durante un ano en Alxer. Alí suxírenlle que abandone o exército, xa que conta co maior número de misións e horas de voo que todos os seus compañeiros. A súa resposta foi contundente:
- "Imposible. Quedarei cos meus compañeiros ata o final".
- “Será aviador e un escritor famoso, pero afástese do mar, e a partir dos corenta anos desconfíe dos avións que vostede pilote”

- ”Se me derruban non estrañarei nada. O formigueiro do futuro asústame e odio a súa virtude robótica. Eu nacín para xardineiro. Despídome, Antoine de Saint-Exupéry”.
"Eu nacín para xardineiro". Que opinades vós? Lémbravos a algo esta afirmación?
Para a vindeira semana rematamos Cuando los árboles cantan.
Gozade coa lectura.
Comentarios