martes, diciembre 04, 2012

VISITA A SANTIAGO


O pasado martes 20 de novembro, os alumnos de 3º e 4º de E.S.O., acompañados por tres profesoras, tivemos a oportunidade de visitar as cubertas da catedral de Santiago e de gozar co espectáculo do resto dos tellados da cidade nunha vista dende o ceo.
Por suposto, recoñecimos a catedral por dentro, baixamos ás criptas, visitamos a exposición e, sobre todo, todos nós aprendimos moito coas explicacións da nosa guía Iria.
Despois de comer, fomos á Cidade da Cultura. Interesábanos moito ver o famoso Códice Calixtino que tantas noticias vén de protagonizar; tamén quedamos abraiados coas miniaturas e ilustracións do Misal Auriense, do Legenda Maior ou do Pasionario Tudense.

No hay comentarios: