Proxecto Fahrenheit 451
O doce do doce do doce, a nosa biblioteca, pola maxia do chocolate fundido das palabras de Antonio, converteuse en docería.
Este actor, director de teatro, dramaturgo e profesor achegounos ao Proxecto Fahrenheit 451 (temperatura á que comeza a arder o papel)
Os lambóns alí reunidos, aprendemos a importancia de transmitir as nosas lecturas non só coa voz, senón tamén coa mirada que respira, co corpo.
O mestre pasteleiro convidounos a entrar baixo a súa manta e aprendeunos a ser persoas libro.
Por un momento deixastes de ser Bibiana ou Alberto e fostes para nós, coa vosa palabra vinculada, Pomba e degolado e El señor de los anillos.
Gozade coa lectura.
Gozade sendo persoas libro.

Comentarios
Un saludo de chocolate fundido, espero que vuelvas. Gracias por venir.