jueves, octubre 18, 2012

CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO

O club de lectura xuvenil do primeiro ciclo da ESO tivo hoxe o seu primeiro encontro para falarmos de El diario violeta de Carlota de Gemma Lienas.

Raquel, Mónica, Joanna, Irene Ramos, Paula, Andrea, Sasha, Irene López, Bibiana, Laura, Nerea, Nuria e Cristel compartiron tempo e lectura. Algunha aínda non tiña o libro, outras xa o leran todo. Elas mesmas explicaron de que ía, quen era Carlota, por que escribía un diario, por que era violeta.

Foron vinte minutos intensos en participación e escasos en segundos.
Quedamos para o vindeiro mércores. Temos moita lectura de que falar.

Gozade coa lectura

No hay comentarios: