NOVA SESIÓN DO NOSO CONCURSO DE BIBLIOTECA

De novo xoves e aiquí estamos para comentar os resultados da semana pasada e poñervos as novas preguntas. Que pasa con algúns grupos que non entregan as súas respostas? Non vos deades por vencidos.



A superpeli da semana pasada era, por suposto, como ben adiviñou Victor, Blade Runner, peli que algúns estades a ver en clase con Jose, así que tiñades vantaxe.

1. O título da película era Blade Runner.
2. O relato de Phillip K. Dick no que se baseou a película era ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?
3. O nome do actor que recita a frase famosa de "Yo... he visto cosas..."? é Rutger Hauer.
4. Os nomes do actor principal e o Director son Harrison Ford e Ridley Scott.
5. sobrevive algún replicante, a rapaza.


PUNTUACIÓNS.
En primeiro lugar contestaron LAS DANCE (Naya, Sara, Alicia e Desi) con 5 puntos.
En segundo lugar os BLASFEMUDOS (Elia, Lucía, Rubén e Edu) con 4 puntos.
En terceiro lugar LOS LOL (Pablo, Diego, Alberto e Adrián) con 3 puntos.

Así que as CLASIFICACIÖN ao término da segunda xornada, como dín os futboleiros, é a seguinte:

En cabeza BLASFEMUDOS con 8 puntos.
Segue, nun empate, LAS DANCE e LOS LOL con 6 puntos.
A continuación FLY que aínda manteñe os seus 5 puntos.
O último grupo en ter puntuación é DOBLE JC con 2 puntos.

Aínda non se estrenaron os outros grupos. Forza!


Esta semana o concurso está á última moda, pois a película da que imos falar é o último do último.
A acción desenvólvese en Pandora, unha lúa do planeta Polythemis, habitada por unha raza humanoide chamada navi, con pel azul e rasgos felinos.
Hai un enfrontamento cos humanos por unha mina cuia explotación resolvería os problemas enerxéticos da Terra.
O protagonista é un marine norteamericano, seleccionado para adoptar un corpo de navi con mente de científico, por iso o título da película significa reencarnación / transformación.
¡Ah! esquecía dicirvos que semella que todos os espectadores teñen problemas oftalmolóxicos.

1. Cal é o título da película?
2. En que ano está ambientada?
3. Como se chama o clan en cuio territorio está a mina?
4. Que mineral queren sacar os humanos desa mina?
5. Como se chama o marine protagonista e a navi da que se namora?
6. Só unha película na historia deo cine supera a esta en recadación e, ademáis, é do mesmo director. A qué película nos referimos? Quen é o director da ambalasdúas películas?
7. Conseguen os humanos explotar a mina? Que pasa cos militares ao final? E cos científicos?

Comentarios

Naya y Sara ha dicho que…
Hola, somos Sara y Naya, queriamos decirs que no es que salgamos muy bien en esta foto pero bueno...

Besos

Chao!
Desi e Alicia 1ºA ha dicho que…
Hola, somos Alicia e Desi de 1ºA
nos saimos moi ben pero nos aguantamos un pouquichiño.

Un saudo,
Desi e Alicia
Desi e Alicia 1ºA ha dicho que…
Hola, somos Alicia e Desi de 1ºA
nos saimos moi ben pero nos aguantamos un pouquichiño.

Un saudo,
Desi e Alicia
Naya ha dicho que…
Hola, soy nayade 1ºa, tambien Pilar hacernos esta foto el día de gimnasia.......Ademas con esas pintas que tengo jajaja


besos
xauuu!
Chispa ha dicho que…
Discrepo: estades moi guapas!
Alégrame ver que os ex seguen polo "bo camiño".
Moitas felicidades e biquiños desde Pazos

Entradas populares