viernes, marzo 27, 2009

CONCURSO DA BIBLIOTECA


O personaxe desta semana é un médico o consultor astrolóxico de orixe xudía. Autor de profecías e eventos futuros que se recollen nun libro escrito en verso. Dise que predixo todas as catástrofes do mundo, desde a súa época ata o ano 3.797, data na que supuxo que acontecería a fin do mundo. Cóntase que a súa tumba foi saqueada durante a Revolución Francesa e que nela atoparon un medallón no que se indicaba a data do saqueo.


Tivo moita relación coa aristocracia francesa, para a que elaboraba horóscopos. Una das súas mellores clientas foi unha raíña, esposa dun rei do que predixo a morte.


Tuvo moitos coñecementos como boticario e descubriu a "píldora rosa", moi efectiva contra a peste.


Parece que nunha das súas profecías predixo a morte dun Papa do século XX que só estivo no papado 33 días. Tamén profetizou o estoupido dunhas destructivas bombas en dúas cidades asiáticas.



PREGUNTAS


1.- Nome e nacionalidade do personaxe.

2.- Título do seu libro profético.

3.- Nomes da raíña e do rei que se mencionan.

4.- Nomes das cidades nas que estouparon as bombas.

5.- Nome do Papa que durou 33 días.

No hay comentarios: