EL DIARIO VIOLETA DE CARLOTA

Ola a todos/as, son Carmen, a Orientadora. A petición de Pilar quero contarvos neste blog que este nadal lein un libro da biblioteca recomendado polo noso compañeiro Jose. O libro é "El diario violeta de Carlota" de Gemma Lienas. Encantoume! e aquí estou para animarvos a leelo.
Carlota é unha nena de catorce anos que comeza a escribir un diario animada pola súa avoa sobre as situacións inxustas e discriminatorias que sofren as mulleres e que vai observando cada día ao seu redor.
Ainda que fala das mulleres, non é un libro de nenas, ou para rapazas exclusivamente, pois os rapaces, por exemplo, tamén sodes sometidos aos estereotipos de xénero masculino que vos impiden manexar sentimentos e emocións con gran eficacia. Disto tamén se fala no libro.
Anímovos a leelo e a poñervos as gafas violetas xa que comprobei que os nenos tamén sodes quen de mirar coa cor violeta.
Penso que podemos traballar todos esta lectura nas titorías. Espero os vosos comentarios con moito interese.
Bo ano para todas e todos!

Comentarios
:D
Esta bien, os lo recomiendo.Lo veo muy necesario sobre todo hoy en día.