MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL NARÓN


https://www.instagram.com/p/DeHNmzgiAsp/


Como actividade organizada pola Biblioteca, Dinamización Lingüistica e os departamentos de Educación Física, Lingua Galega e Lingua Castelá, asistimos hoxe á MOTIX, no Pazo de Cultura de Narón cun grupo de 55 alumnos desde 3º ESO a 2º BAC.

Alí tivemos oportunidade de ver a representación de Memorias dun neno labrego, da compañía Contraproducións, que nos achega á dureza da vida no campo e ao importante que é ter presente que o fenómeno da emigración sempre ten unhas causas detrás. 

Ao tempo, a actividade serviunos para fomentar os hábitos de vida saudable pois aproveitamos para facer un roterio de camiño ao teatro, como actuación do Plan Proxecta "Proxectos de vida activa e deportiva".

Comentarios

Entradas populares