SAÍDA CLUBS DE LECTURA E VOLUNTARIADO

  Para rematar o curso e recoñecer o traballo feito nos clubs e por parte do alumnado voluntario da Biblioteca Escolar, organizamos este ano un roteiro guiado pola fermosa vila de Betanzos, acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras do IES Saturnino Montojo.




Logo dunha divertida viaxe en tren, pasamos unha fermosa xornada coñecendo unha cidade da contorna que moitos descoñecían e que ten currunchos tan marabillosos. Ademais visitamos o Museo das Mariñas onde houbo que desenmascarar moitos impostores e impostoras.


Por último, aproveitamos a chuvia para sacar os xogos e completamos o día coa busca do famoso cruceiro de Lorca onde o alumnado reproduciu a imaxe grabándose ao tempo que recitaban un dos seus poemas.



Comentarios

Entradas populares