FORMACIÓN E-LBE.2 PARA FAMILIAS


A plataforma E-LBE.2 ofrece a posibilidade de lectura a través de préstamos dixitais. O día 10 de marzo haberá unha formación online destinada ás familias para que poidan aprender como utilizar esta ferramenta conxuntamente co alumnado.
Quen queira participar só ten que clicar sobre o enlace de acceso ao formulario e conectarse o día da formación seguindo as instrucións que lle cheguen ao correo.
Podedes escoitar a charla conxuntamente familias e alumnado, posto que o préstamo de libros de lectura persoal está a disposición tanto para vós como para elas. Só teriades que pedir os códigos de acceso en biblioteca.




Non deixes pasar esta oportunidade para explorar novas ferramentas!




Comentarios

Entradas populares