lunes, junio 02, 2025

ROTEIRO CLUBS DE LECTURA

 Non podía faltar o noso tradicional fin de festa dos clubs. Acompañáronnos, como vén sendo xa tradición, o alumnado e profesorado do IES Saturnino Montojo.

Este ano, dedicado a Castelao, non quixemos deixar pasar a ocasión de achegarnos á súa vila natal, Rianxo, e facer alí unha visita ao Museo do Mar e un roteiro literario con lectura na rúa. 

Logo rematamos a xornada asistindo a varias exposicións na Cidade da Cultura (Gaiás): Literatura fantástica en galego e a experiencia inmersiva de realidade virtual Orixes. 

Foi unha xornada fantástica!!










No hay comentarios: