Marcapáxinas solidarios feitos polo alumnado de 1º nas materias de Proxecto Competencial e Relixión para traballar a temática anual das comunidades e o compromiso que debemos adquirir como parte delas. Tamén contamos coa colaboración especial da docente de EPVA, Carmen Mirabal e de moitos outros membros da comunidade que axudaron a recortar e plastificar para que o alumnado puidera facer a venda solidaria.
Grazas a tod@s por poñer o voso gran de area. O recadado foi xa ingresado á conta da ONG Save the Children.