martes, noviembre 05, 2024

TEATRO SOBRE A EDUCACIÓN SEXUAL

 O pasado 29 de outubro asistimos á representación da obra Desexo dentro da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón, xunto con moitos outros centros da comarca, tal como recolle o Diario de Ferrol.




Nesta ocasión o alumnado participante pertencía aos niveis de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato.


Con esta obra da compañía Talía Teatro, aprendemos a importancia dunha boa educación sexual nas familias e na escola para evitar caer nos perigos que nos axexan a través das redes e do exceso de sexualización na música ou na publicidade. Tamén axudou a desmontar mitos e denunciar estereotipos que prexudican, especialmente ás mulleres, no momento de enfrontarse ás relacións afectivo-sexuais.


Unha recente enquisa publicada na Revista Española de Salud Pública fala de que, entre 248 adolescentes preguntados, só un 4,8 % afirmou falar de sexualidade cos seus proxenitores. Un 56% afirmaron ter consomido contido pornográfico -cunha media de idade de primeiro acceso sobre os 13 anos-. Porén, relatan que nos centros educativos se fala máis de consumo de alcol e drogas, de ITS ou de métodos anticonceptivos e non tanto do consumo de pornografía.

Esta obra sérvenos para reflexionar sobre a necesidade de abordar este tema tanto desde os centros como no ámbito familiar.

No hay comentarios: